Siemens Gamesa di ter un "comezo sólido" no 2021 tras despedir máis de 200 traballadores

Volve a beneficios, con 11 millóns, no seu primeiro trimestre fiscal de 2021.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 29/01/2021 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

Siemens Gamesa volveu ás ganancias no primeiro trimestre do seu exercicio fiscal 2021, tras rexistrar un beneficio neto de 11 millóns de euros, fronte ás perdas de 174 millóns do mesmo período do exercicio anterior, informou a compañía.

Desta maneira, o grupo xurdido da fusión de Gamesa coa división eólica de Siemens indicou que arrinca o ano "cun comezo sólido", despois das perdas históricas de 918 millóns de euros que sufriu en 2020 (outubro a setembro) polo impacto da crise do Covid-19.  Unha noticia que contrasta coa intención da empresa de despedir a máis de 200 traballadores da súa planta das Somozas, na Coruña.

Este desempeño no trimestre (de outubro a decembro) estivo sustentado principalmente nos seus negocios 'Offshore' (eólica mariña) e Servizos, que levou a unha mellora nas vendas interanuais e a unha marxe Ebit pre PPA e custos de integración e reestruturación positivo.

A compañía controlada pola multinacional Siemens tamén indicou que rexistrou unha forte posición financeira e unha carteira de pedidos que "evidencia o seu bo posicionamento para capturar o potencial da industria eólica".

Andreas Nauen, novo conselleiro delegado de Siemens  Gamesa. SIEMENS GAMESA RENEWABLE ENERGY - Arquivo
Andreas Nauen, novo conselleiro delegado de Siemens Gamesa. SIEMENS GAMESA RENEWABLE ENERGY - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta