Profesionais do Chuac piden axuda á cidadanía para frear os casos: "Cada actitude conta"

O Hospital da Coruña atópase nunha "situación crítica" pola incidencia da Covid.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/01/2021 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

A doutora Charo García Campelo, oncóloga do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), reiterou que o hospital se atopa nunha "situación crítica" pola incidencia da Covid e pediu a axuda da cidadanía para "frear" os casos. "Hoxe máis que nunca cada unha das nosas actitudes conta", subliña esta especialista que pide a axuda da poboación para "frear esta dramática situación".

"Non queremos nin podemos permitirnos o luxo de frear a atención a outras patoloxías graves como o cancro, nin de parar a investigacion. Axúdanos a poder seguir coidándote", recalca.

De acordo cos últimos datos facilitados, na área sanitaria da Coruña e Cee hai 390 pacientes ingresados: no Chuac, 62 en UCI e 294 en planta; no Quirón: tres en UCI e cinco en planta; no Modelo: catro en UCI e doce en planta e dez en planta en Cee.

Doutora Charo García Campelo, oncóloga do Chuac. CHUAC
Doutora Charo García Campelo, oncóloga do Chuac. CHUAC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta