O BNG quere que Ábalos dea explicacións sobre o incumprimento do convenio laboral en Puertos del Estado

O deputado Néstor Rego advertiu de que a Administración pública debe ser a primeira en dar exemplo e cumprir os acordos cos empregados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2021 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O BNG solicitou a comparecencia do ministro de Transportes, José Luís Ábalos, para que de explicacións sobre o incumprimento do convenio colectivo e a demora da actualización retributiva dos traballadores de Portos do Estado.

O deputado Néstor Rego visitou a unha representación sindical que protagoniza un peche nas dependencias da citada administración en Madrid para reclamar que se cumpra o citado acordo, subscrito no ano 2019 xunto con CIG, UGT e CC.OO. Rego trasladou o seu apoio aos traballadores e advertiu de que a Administración pública debe ser a primeira en dar exemplo e cumprir os acordos cos empregados.

Segundo explicou, este persoal "aínda non recibiu a actualización salarial correspondente aos anos 2019 e 2020" e tampouco o aumento do 2.3% do exercicio 2020, a pesar de que si o fixo o "resto de empregados públicos".

"Os servizos portuarios teñen que actualizarse en cuestións básicas como a seguridade, a aposta pola mobilidade sustentable... polo que non se entende que agora o Goberno de PSOE-Podemos incumpra un acordo que tamén posibilite facelo", sinalou, tendo en conta que este organismo "é autosuficiente" e conta con "un importante resultado económico positivo".

José Luis Ábalos
José Luis Ábalos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta