Guía para non perderse no Día Nacional de Galicia

Axenda dos actos anunciados por AGE, BNG, Galiza Nova, Anova, AMI, Ceivar, Nós-UP, Compromiso por Galicia, PACD, Causa Galiza, PSdeG e PPdeG por mor da festa do 25 de Xullo, o Día da Patria Galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/07/2013 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

A tradicional división na esquerda do país tradúcese nunha multitude de actos por mor do Día Nacional de Galicia. Esta é unha pequena guía, non exhaustiva, dos eventos políticos que acollerán as rúas de Compostela durante a próxima festa nacional de Galicia:

O máis novo na manifestación do BNG en 2010 polo Día da Patria Galega
O máis novo na manifestación do BNG en 2010 polo Día da Patria Galega

24 de xullo

Alternativa Galega de Esquerdas (coalición de EU, Anova, Ecosocialistas e Equo) fará lectura do seu manifesto polo "Día da Matria Galega" diante da que foi a sede da editorial e imprenta Nós, na rúa do Vilar número 15 de Santiago de Compostela este mércores ás 11:30 horas.

Como todos os anos, no serán as mocidades do Bloque organizan unha acto de homenaxe a Castelao e Rosalía no Panteón dos Galegos Ilustres no mosteiro de Santo Domingos de Bonaval. Nesta edición tocarán o gaiteiro Xosé Manuel Sánchez Rei e os cantautores Tino Baz e Alba Rodriguez.

A organización de mozos  da fronte tamén é corresponsábel do Festigal, que o 24 comeza a andar coas tradicionais actuacións no Campus Universitario Sur. A partir das 10:30 da noite tocan A Quenlla, Sés, Nao e Festicultores Troupe. O 25 os concertos serán pola tardiña e non pola noite, como noutras ocasións

A Quintana durante a manifestación do BNG o 25 de Xullo de 2011
A Quintana durante a manifestación do BNG o 25 de Xullo de 2011

Galiza Nova é unha das organizacións de mozos que convocan unha manifestación a prol da soberanía. Sairá ás 20 horas da Alameda e está coorganizada tamén por Adiante, Agir, AMI, Briga, Comités,Isca! e Liga Estudantil Galega. Trátase do acto máis unitario dos próximos días, en palabras dos organizadores "un paso moi importante na unidade de acción de quen desde a autoorganización xuvenil e estudantil defenden un proxecto de liberación nacional e transformación social".

O grupo municipal soberanista Candidatura do Povo organiza o "II Festival do Pobo". Será na dársena de autobuses de La Salle, ao carón do museo CGAC. Actuarán, entre outros, Os Daría, Vicky Polar e Labregos no Tempo dos Sputniks. A cita é as 21 horas.

Haberá tamén música no Campus Sur da USC grazas a BRIGA. Estes mozos soberanistas programan as actuacións de Os Tres Trebóns, Rebeliom do Inframundo e Fracasados de Antemano a partir das 23 horas.

A Assembleia da Mocidade Independentistas (AMI) anuncia cambios nos horarios dos seus actos do 24 de xullo. As 14 horas haberá Xantar na Praza das Ánimas, as 15 horas unha foliada popular e as 20 horas a tradicional "Rondalha da Mocidade Independetista" que sairá da Alameda.

AMI é un dos colectivos que axuda a difundir os actos a prol dos reclusos soberanista que artella a plataforma Ceivar. A súa "VI Cadeia Humana pola Liberdade d@s Pres@s Independentistas" está convocada para as 18:00 horas na Praza de Galicia.  

25 de xullo

Compromiso por Galicia desenvolverá as súas actividades no parque de San Domingos de Bonaval de Santiago. Terá como elemento central, ás 13 horas, un acto político que contará coa intervención do Secretario Xeral da organización galeguista, Xoán Bascuas. Entre o programa de actividades destaca tamén unha ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres ás 12 horas e xa na sesión de tarde o concerto de Os Perucos e Narf, ademais do monólogo de Evaristo Calvo. Igualmente desenvolverase un xantar de confraternidade e no que haberá habilitada unha zona infantil.

"Que se lixe a troika. Non debemos, non pagamos!" A Plataforma para a Auditoría Cidadá da Débeda (PACD) acudirá baixo este lema á manifestación do 25 de xullo as 12 na Alameda. 

Tamén ao mediodía da Alameda partirá a manifestación do Bloque. Rematará na Quintana cos discursos de Xavier Vence, voceiro nacional, e o responsábel de Galiza Nova, entre outros. O lema é "Galiza pola soberanía". Despois os simpatizantes da fronte teñen unha cita co tradicional xantar na zona da Alameda e do Campus Sur.

A poucos metros estarán os militantes de Anova-Irmandade Nacionalista. Será na praza de Mazarelos, dende as 12:30 h. Haberá música e en torno ás 13:00 h terán lugar as intervencións políticas, pechadas polo discurso do portavoz nacional, Xosé Manuel Beiras. Ás 14:30 h aproximadamente está previsto un xantar popular en Belvís, cunha polbeira e unha carpa para xantar. A organización explica que para xantar na carpa non é preciso anotarse previamente, que o menú costa 12 € e inclúe polbo, patacas, pan, viño e refrescos e que tamén se pode xantar no parque de xeito autoxestionado. Pola tarde, ás 17 horas o Aberto de Billarda do Día da Patria, da Liga Nacional de Billarda, e posto de venda de crachas e camisolas da mocidade de Anova.

A " organizaçom popular e assemblear galega ao serviço da luita pola independência nacional e o Socialismo" Causa Galiza  convoca unha manifestación baixo o lema "Com passo firme face a independência. Liberdade pres@s independentistas. Stop repressom" na que piden "os a rutura com o regime e o Estado espanhóis, a urgência histórica de avançar na via independentista e a importáncia das unidades de açom enquadradas em chave de soberania nacional e rutura democrática". A hora e lugar de partida da marcha son as mesmas que na convocatoria do Bloque. Está previsto que remate en Mazarelos, onde as 12:30 Anova anuncia o seu acto político.

O partido independentista NÓS-UP informa que o "Governo municipal de Compostela denega jantar do Dia da Pátria nos jardins de Sam Roque" pero que "NÓS-UP realizará o jantar de confraternizaçom após finalizar os atos políticos do Dia da Pátria, num espaço alternativo do queal informaremos amanhá". A súa manifestación está anunciada para as 12:30 dende a Alameda de Compostela. O xantar, en lugar por determinar, as 15 horas.

Actos de formacións non nacionalistas

Xa lonxe de Compostela, Esquerda Unida organiza o acto "Un pobo en rebeldía polos dereitos nacionais" as 12 horas na entrada do antigo cárcere provincial da Coruña. Os comunistas defenden, lembrando as palabras do loitador antifascista Santiago Álvares, o dereito do pobo galego "a dispor libremente dos destinos nacionais; mesmo o de arredarse do estado que viña formando parte: manterse independente ou xunguirse a outro estado". 

Nin PSOE nin PP confirmaron aínda os horarios dos seus actos polo 25 de Xullo. Tradicionalmente os socialistas fan unha homenaxe a Castelao en Rianxo e as mocidades dos conservadores unha ofrenda floral a Rosalía en Bonaval. En canto se confirmen os horarios, incorporanse a esta axenda.

A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
Acto de Causa Galiza en Santiago un Día da Patria
Acto de Causa Galiza en Santiago un Día da Patria | Fonte: kaosenlared
Cartel do II Festival do Pobo
Cartel do II Festival do Pobo
Arturito e Fabián, integrantes de Os da Ría
Arturito e Fabián, integrantes de Os da Ría
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 66 comentarios

9 A miña leira

A Gürtell traballou para o Xacobeo:0 comentas, as nosas leiriñas: 21 comentas e subindo. Non temos remedio, dannos un carameliño e alá imos. Non me extraña que non nos tomen en serio.

1 Capitán Pescanova

Foi falar de cagallóns o máis cagao: PA QUE CARALLO COMENTAS, LOJO??

2 Pesca Nova

Impresionante argumento Capitán Pescanova, o dito por Leira, así nos vai. Que vocabulario masculino o teu, non me extraña que te chames Capitán. Moi marcial todo, logo irás de antimilitarista, que coherencia por dios.

3 Ao Capitán

Capitán Pescanova ese cagao éche ben madrileño, estamos rodeados de nacionalistas españois, jajaja...

4 Capitán Pescanova

Rapazas, eu son capitán porque teño chalana propia en Sangenjo e Rianjo indistintamente. E cagao non é madrileño paspán, madrileño é o cocido con garbanzos e tamén dicir jajaja. Os galegos auténticos coma ti deberían dicir gagaga ou ghaghagha ou bem gueguegue

5 Qim Barreiros

Capaitán Pescanova.. ti estás gaga!!

6 Capitán siño

Hostia, o Capitán Pescanova non se entera de nada, de ná diría el, jajaja. Máis que Capitán Pescanova parece Rodolfo o Langostino: Llévame a casa, jajaja...

8 Gamela

Non sei xa se rir ou chorar... ? O único que se me ocorre ante esta "realidade" é facer unha lectura antropolóxica: do mesmo xeito que os núcleos rurais galegos son "dispersos", hoxe, coma bos herdeiros, seguimos o costume de facer casa no curuto do monte! Viva IKEA !

7 Galiza ceive e poder copular

Muito bem. Queda todo clarísimo. Os da Fronte Popular de Judea en Bonaval, os da Fronte Judaica Popular en Mazarelos e o resto onde dean bo viño. Sodes todos uns disidentes e xa non digo nada do de día da matria, Afonso Daniel estaría moi fachendoso de semellante achega á Galiza soberana, popular, livre e anticapalista.

6 Joao

A chuparse as piroliñas uns aos outros o 25 jeje..que ben.

1 Mr.Slurp

Slurp Slurp

5 vividorporgaliza

paisdapatriavividoresjajajajajajajajajaja. vividores por Galiza.Amio só foi o principio da desfeita. Ninguén traga cós cantos de serea da upg, jajajajajaja. Pedro y el lobo jajajajajajajajajajaaja. qué vistos están. estarán contentos, cómo non.

1 Da Mongolia profunda

jajajajajajajajajajajajaja a ver quén é mais sub-normal poñendo jajajas?

2 vividorporgaliza

jajjajajajajajajajajaaajajajajajajajajajajajaja

3 vividorporgaliza

jajajajajaja retallos desta infancia. jajajajajajajajajaaaajjajajajajajajajaj. nacer de novo logo. jajajajajajajajajajajajajaja.non, non pode ser e os erros páganse ainda que despois de todo estes dirixentes seguen a ser vividores que non pagan nada. jajajajajajaja

4 Mongõlia meu lar

Da Mongolia profunda, Mongolia é uma pátria bem fermosa e Ulan-Bátor uma urbe sofisticada e em expansão, apõs tem respecto dos seus moradores

5 jose abel

hahahahhahahahahaha !!! , hai que rir em galego .

6 vividorporgaliza

hahahahahahahahahahahahahahaaaa , parece que vou en caída libre. jajajajajajajaajajajajajajaja, hai que rir ja!! jajajajajajajaja. ahahahahahahahahahahaha. rir aspirado. leváronme a risa, qué triste.