Por E.P. | OURENSE | 22/01/2025 | Actualizada ás 20:03
O Bloque Nacionalista Galego presentará unha Proposición non de Lei, que será debatida no pleno do Parlamento galego o próxima miercoles, para esixir a xestión pública e directa do centro de atención a persoas con discapacidade de Ourense.
A proposta busca asegurar que o centro sexa xestionado por empregados públicos da Xunta de Galicia e rexeita calquera intento de "disfrazar de público o que é en realidade unha privatización", en palabras dos deputados Noa Presas e Iago Tavares, que subliñaron que este CAPD "é unha necesidade histórica" na provincia, xa que Ourense non conta como un centro público para a atención de persoas con discapacidade maiores de 21, a diferenza das outras provincias galegas.
Presas lembrou as mobilizacións sociais e as máis de 50.000 firmas recollidas "que presionaron" para a creación deste centro, así como "o compromiso asinado por todas as forzas políticas en 2016, incluído o Partido Popular" prometendo que o centro sería de xestión pública.
"Foron anos de mobilizacións sociais, manifestacións históricas na cidade e máis de 50.000 firmas", incidiu a deputada nacionalista que afeou, ademais, que a Xunta "aprobou pola calada e no medio do Nadal" "a privatización práctica deste centro" ao anunciar que será asumida por unha entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.