Guía para non perderse no Día Nacional de Galicia

Axenda dos actos anunciados por AGE, BNG, Galiza Nova, Anova, AMI, Ceivar, Nós-UP, Compromiso por Galicia, PACD, Causa Galiza, PSdeG e PPdeG por mor da festa do 25 de Xullo, o Día da Patria Galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/07/2013 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

A tradicional división na esquerda do país tradúcese nunha multitude de actos por mor do Día Nacional de Galicia. Esta é unha pequena guía, non exhaustiva, dos eventos políticos que acollerán as rúas de Compostela durante a próxima festa nacional de Galicia:

O máis novo na manifestación do BNG en 2010 polo Día da Patria Galega
O máis novo na manifestación do BNG en 2010 polo Día da Patria Galega

24 de xullo

Alternativa Galega de Esquerdas (coalición de EU, Anova, Ecosocialistas e Equo) fará lectura do seu manifesto polo "Día da Matria Galega" diante da que foi a sede da editorial e imprenta Nós, na rúa do Vilar número 15 de Santiago de Compostela este mércores ás 11:30 horas.

Como todos os anos, no serán as mocidades do Bloque organizan unha acto de homenaxe a Castelao e Rosalía no Panteón dos Galegos Ilustres no mosteiro de Santo Domingos de Bonaval. Nesta edición tocarán o gaiteiro Xosé Manuel Sánchez Rei e os cantautores Tino Baz e Alba Rodriguez.

A organización de mozos  da fronte tamén é corresponsábel do Festigal, que o 24 comeza a andar coas tradicionais actuacións no Campus Universitario Sur. A partir das 10:30 da noite tocan A Quenlla, Sés, Nao e Festicultores Troupe. O 25 os concertos serán pola tardiña e non pola noite, como noutras ocasións

A Quintana durante a manifestación do BNG o 25 de Xullo de 2011
A Quintana durante a manifestación do BNG o 25 de Xullo de 2011

Galiza Nova é unha das organizacións de mozos que convocan unha manifestación a prol da soberanía. Sairá ás 20 horas da Alameda e está coorganizada tamén por Adiante, Agir, AMI, Briga, Comités,Isca! e Liga Estudantil Galega. Trátase do acto máis unitario dos próximos días, en palabras dos organizadores "un paso moi importante na unidade de acción de quen desde a autoorganización xuvenil e estudantil defenden un proxecto de liberación nacional e transformación social".

O grupo municipal soberanista Candidatura do Povo organiza o "II Festival do Pobo". Será na dársena de autobuses de La Salle, ao carón do museo CGAC. Actuarán, entre outros, Os Daría, Vicky Polar e Labregos no Tempo dos Sputniks. A cita é as 21 horas.

Haberá tamén música no Campus Sur da USC grazas a BRIGA. Estes mozos soberanistas programan as actuacións de Os Tres Trebóns, Rebeliom do Inframundo e Fracasados de Antemano a partir das 23 horas.

A Assembleia da Mocidade Independentistas (AMI) anuncia cambios nos horarios dos seus actos do 24 de xullo. As 14 horas haberá Xantar na Praza das Ánimas, as 15 horas unha foliada popular e as 20 horas a tradicional "Rondalha da Mocidade Independetista" que sairá da Alameda.

AMI é un dos colectivos que axuda a difundir os actos a prol dos reclusos soberanista que artella a plataforma Ceivar. A súa "VI Cadeia Humana pola Liberdade d@s Pres@s Independentistas" está convocada para as 18:00 horas na Praza de Galicia.  

25 de xullo

Compromiso por Galicia desenvolverá as súas actividades no parque de San Domingos de Bonaval de Santiago. Terá como elemento central, ás 13 horas, un acto político que contará coa intervención do Secretario Xeral da organización galeguista, Xoán Bascuas. Entre o programa de actividades destaca tamén unha ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres ás 12 horas e xa na sesión de tarde o concerto de Os Perucos e Narf, ademais do monólogo de Evaristo Calvo. Igualmente desenvolverase un xantar de confraternidade e no que haberá habilitada unha zona infantil.

"Que se lixe a troika. Non debemos, non pagamos!" A Plataforma para a Auditoría Cidadá da Débeda (PACD) acudirá baixo este lema á manifestación do 25 de xullo as 12 na Alameda. 

Tamén ao mediodía da Alameda partirá a manifestación do Bloque. Rematará na Quintana cos discursos de Xavier Vence, voceiro nacional, e o responsábel de Galiza Nova, entre outros. O lema é "Galiza pola soberanía". Despois os simpatizantes da fronte teñen unha cita co tradicional xantar na zona da Alameda e do Campus Sur.

A poucos metros estarán os militantes de Anova-Irmandade Nacionalista. Será na praza de Mazarelos, dende as 12:30 h. Haberá música e en torno ás 13:00 h terán lugar as intervencións políticas, pechadas polo discurso do portavoz nacional, Xosé Manuel Beiras. Ás 14:30 h aproximadamente está previsto un xantar popular en Belvís, cunha polbeira e unha carpa para xantar. A organización explica que para xantar na carpa non é preciso anotarse previamente, que o menú costa 12 € e inclúe polbo, patacas, pan, viño e refrescos e que tamén se pode xantar no parque de xeito autoxestionado. Pola tarde, ás 17 horas o Aberto de Billarda do Día da Patria, da Liga Nacional de Billarda, e posto de venda de crachas e camisolas da mocidade de Anova.

A " organizaçom popular e assemblear galega ao serviço da luita pola independência nacional e o Socialismo" Causa Galiza  convoca unha manifestación baixo o lema "Com passo firme face a independência. Liberdade pres@s independentistas. Stop repressom" na que piden "os a rutura com o regime e o Estado espanhóis, a urgência histórica de avançar na via independentista e a importáncia das unidades de açom enquadradas em chave de soberania nacional e rutura democrática". A hora e lugar de partida da marcha son as mesmas que na convocatoria do Bloque. Está previsto que remate en Mazarelos, onde as 12:30 Anova anuncia o seu acto político.

O partido independentista NÓS-UP informa que o "Governo municipal de Compostela denega jantar do Dia da Pátria nos jardins de Sam Roque" pero que "NÓS-UP realizará o jantar de confraternizaçom após finalizar os atos políticos do Dia da Pátria, num espaço alternativo do queal informaremos amanhá". A súa manifestación está anunciada para as 12:30 dende a Alameda de Compostela. O xantar, en lugar por determinar, as 15 horas.

Actos de formacións non nacionalistas

Xa lonxe de Compostela, Esquerda Unida organiza o acto "Un pobo en rebeldía polos dereitos nacionais" as 12 horas na entrada do antigo cárcere provincial da Coruña. Os comunistas defenden, lembrando as palabras do loitador antifascista Santiago Álvares, o dereito do pobo galego "a dispor libremente dos destinos nacionais; mesmo o de arredarse do estado que viña formando parte: manterse independente ou xunguirse a outro estado". 

Nin PSOE nin PP confirmaron aínda os horarios dos seus actos polo 25 de Xullo. Tradicionalmente os socialistas fan unha homenaxe a Castelao en Rianxo e as mocidades dos conservadores unha ofrenda floral a Rosalía en Bonaval. En canto se confirmen os horarios, incorporanse a esta axenda.

A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
Acto de Causa Galiza en Santiago un Día da Patria
Acto de Causa Galiza en Santiago un Día da Patria | Fonte: kaosenlared
Cartel do II Festival do Pobo
Cartel do II Festival do Pobo
Arturito e Fabián, integrantes de Os da Ría
Arturito e Fabián, integrantes de Os da Ría
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 66 comentarios

4 Ameneiro

Imos aló: NÓS-Unidade Popular, non é un partido, é umha organizaçom política. Causa Galiza vai logo da do BNG e antes de Nos-UP. E non haberá problema en Mazarelos, ou ben xa remataria o acto de Anova ou "retrasa-se" manifestación, como se ten feito outros anos. AMI non convoca unha Rondalha por livre, senón dentro da convocatória das mocidades. Poderiades redacta-lo todo de novo ou decir-lle a un pícaro de primaria que vos axude a non lia-la tanto.

1 CEAV

Ameneiro: 1.- NOS-UP é un partido político, pois como tal está rexistrado no Registro de Partidos Políticos del Ministerio del Interior, cos seguintes datos. NOS-UNIDADE POPULAR (NOS-UP) Rúa Alher Ulhoa nº 5, 1º Santiago de Compostela (Coruña, A) 22/01/2002 2.- Ninguén dixo que houbera "problema", si que coinciden os horarios e os lugares de diversas formacións políticas. 3.- Ninguén dixo que a Rondalha só sexa de AMI, pero unicamente AMI informa dela na súa web. 4.- Botar kk sobre os demáis en vez de valorar o esforzo para difundir a maioría dos actos deste 25X é unha actitude moi galega. Será polo día da Patria ou mantela 365/7?

2 NOS UP si é un partido

3 Ameneiro

É significativo que em vez de mirar os documentos da própia Nos-UP mirasedes o Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio de Interior español. Sinto-o por vos, mas o Reino de España considera partido político, e está nese re4xistro, a todas as organizacións políticas, sexan partidos ou non. E xa que puxechedes o vencello, nel podes atopar "partidos" coma o BNG, CiU, ou varias Agrupacions de electores Independentes. E como final, coma entendedes un partido que teña no seu seo a outros partidos?

4 Ameneiro

Difundir seria por o que cada quen di, se tentas facer síntese, polo menos que sexa unha guia para non perder-se e non o que saiu. E facer un chisco de xornalismo clásico, que hai vida fora de Internet, e 6 chamadas poderian axudar bastante, amais de esquecer cousiñas como o concerto da Candidatura do Povo, ou o concerto de Briga do 24. E si, creo que se poden facer as cousas ben e en galego, os 365 dias do ano.

5 Bonny M

Ameneiro metiches a zoca e quedaches co cú ao aire, admíteo picarón

6 Ameneiro

Cando meto a pata, recoñezo-o, mas nesta ocasión non é así. Nós-UP é unha organización política, na cal hai que eu saiba un partido político (Primeira Linha). Assim CiU é unha coalición de dous partidos, así que onde dis que metin a zoca? Cando pos un acto unitario e a continuación un acto dunha organización, da a enterder que son dous actos separados (no mesmo lugar e á mesma hora), mas se se fai com AMI, tamén poderia-se facer con todas as demais convocantes, onde está a metedura de zoca? Esta frase: "Está previsto que remate en Mazarelos, onde as 12:30 Anova anuncia o seu acto político" dentro da informacion de Causa Galiza asocia o mesmo espazo temporal a duas organizacions, no mellor dos casos, non é apropiada a redacción. E os esquececementos de cando menos dous actos non é que sexa para o titular que lle puxeron.

7 7ktT

NóS-UP é un partido político na medida que ninguén os forzou a inscribirse no Registro de Partidos Políticos, ou puxéronlle unha pistola no peito? E si, faltaban dous concertos que puxeron en canto llos lembrou a audiencia, pero hai varias ducias estes días, menudos fascistas estes do GC. Ademais, meten nun lío a Causa Galiza por dicir que convocan a mani a mesma hora e no mesmo lugar que o BNG e que van chegar á hora e o lugar onde Anova convoca o seu acto político. A culpa é deles por informaren e non das formacións por repartirse mellor o espazo-tempo. Vivir para ler. Ameneiro FASCISTA FORA DA GALIZA.

8 Ameneiro

7KtT segue a mirar o dedo, eu prefiro a lúa. Xa o expliquei, mas se te molestases en ir á web de nós-UP ou ao rexistro de partidos verias que aparecen organizacions políticas que non son partidos, como xa as puxen, pero ti ao teu. As coincidencias de horas e lugares produciron-se varias veces, e nunca houbo problema algun, resalta-lo só é indicio da ignorancia histórica nas mobilizacions do 25. O de calificar o artigo de algo mas que trapalleiro e confuso, sae de ti e do teu intento de sorna, mas non meu. Redactar con coerencia pode levar un pouco mais de tempo, e buscar as fontes, para esto, non é para receber o pulizzer, só de por-se.

9 tttty

Ameneiro cagouna pero a culpa sempre e doutro, moi galego el

10 Ameneiro

Caro multinick unha mentira 3 veces repetida, segue a ser mentira; mas ti ao teu, e eso si, sen dar un só argumento, non vaia ser que se note moito.

11 Arbitro

Ameneiro admite que te deixaron en ridículo, non pasa nada, nos foros e como no amor, as veces se gaña e outras se perde...

12 Ameneiro

Con amigos coma ti, que nen tan sequer utilizas o teu nick rexistrado, non precisan os de GC amigos. Haber meu, cando deas un so argumento de onde me deixaron en ridiculo falamos, porque en todos os teus multicomentarios ainda non dixeches nada que non poidese facer un loro, e dos trolls agardo algo mais.

13 Bonny M

Ameneiro ti dixeches que NÓS-UP non é un partido e metiches a zoca, deixa de tocar a mandanga con tanta explicaçom, metiches a zoca e metiches a zoca por moito que trates de darlle voltas e tomarnos por parvos. quedaches co cu ao aire, meu

14 Ameneiro

Probiño, meu, podes repeti-lo 300 veces, mas é mentira. Haber se repetindo-cho imos ben. Primeiro, Nós-UP, en toda a sua web, e en todos os documentos que lle coñezo refiren-se a si mesmos como organizacion política, non como partido político, podes-me rebatir esto?. Segundo, o único argumento que dixechedes foi que está inscrita no Rexistro de Partidos Políticos do MIE, e é certo, mas nese rexistro tamén están organizacións que non son partidos como CiU (coalicion de partidos), ou o mesmo BNG, que tampouco é un partido; podes rebatir esto? E terceiro, o proprio rexistro de partidos di: " los partidos políticos y las federaciones y/o uniones de partidos se deben de inscribir en el Registro de Partidos Políticos", co cal ademite que non só hai partidos nese rexistro, podes rebatir esto?

15 Bonny M

Ameneiro, que non pasa nada, oh! Meter a zoca é o máis normal do mundo: Errare humanum est, xa sabes. Pero segues empeñado en disimular que metiches a zoca, con novos erros. Falas de CiU, pero se miras o rexistro de partidos políticos CiU NON aparece en "tipo de formación" como "partido político", senón como "federación". Conclusión: Metiches a zoca por segunda vez!!!!!!

16 Ameneiro

Pois meteria-a, que van saber os de Nos-UP sobre o que son e o que deixan de ser, se xa estás ti para deci-lo por eles. A legalidade e a realidade a miudo, non son a mesma cousa.

17 Ameneiro

Para todas as demais críticas que eu fixen, (e nomeando que tamen se esquecen da Candidatura do Povo), o artigo está ben redactado e non se mete en valoracions espazo-temporais. Eis como é posible, neste artigo, facer algo de calidade, e en galego: http://praza.com/politica/5084/unha...

18 Abel

En Praza tamén se "olvidan" da Rondalha, e dos actos de Ceivar, e da Plataforma para a Auditoría Cidadá da Débeda (PACD) . Para Ameneiro iso é "calidade" e o do GC manipulación! Home Ameneiro, o teu canta mooooooooooooito.

19 Ameneiro

Hai Abel, xa dixen que esqueceran, referia-me á redación e si, a do Praza semella feita por alguen que sabe redactar. Eu nunca dixen que GC manipulara, eso foi cousa vosa, só que redacta coma meniños. E mira se canta que pago-lle a GC e non a Praza, cousa que ti, nen unha nen outra.

3 ProcesionGal

Tranquilos que os da UPG non se perden nunca. Nin os cordeiros tampouco...

1 Quen falou

Quen falou o que anda detrás dun Mesías que lle fai de pastor.

2 info

A Candidatura do Povo organiza un festival o 24, o II Festival do Povo, cos da Ría, Vicky Polard, Labregos do tempo dos Sputniks, Gende Beat e os John Deeres

1 G.C.

Gracias polo apuntamento, incorporamos o concerto.

2 Qim Barreiros

E Quim Barreiros, non va?

1 Galiza Celtista

"Dia de Galicia"? Até onde eu sei, a denominaçom oficial é "Día Nacional de Galicia", o outro é o nome do que gostam PSOE e PP.

1 cabritinho

Eu gosto de mamar os peitos da cabritinha

2 Qim Barreiros

Mamo a hora que eu quero porque a cabrita é minha