Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2021 | Actualizada ás 21:00
A Secretaría Xeral de Emigración facilitou, en colaboración co cinco dioceses galegas, información sobre a súa orixe familiar a 2.300 galegos no exterior.
Así, achegouse información relativa a partidas de nacementos, bautizos, matrimonios e defuncións. A Xunta ten un convenio coas dióceseis para este apoio a emigrantes e os seus descendentes. A maioría das solicitudes dos emigrantes no estranxeiro proceden de Cuba, seguidos de países como Arxentina, Estados Unidos e Brasil.
"É certo que houbo anos de moitas máis solicitudes, pero seguimos tendo, como se desprende da cifra de 2020, unha importante demanda de información sobre as orixes e antepasados dos nosos galegos do exterior", explica o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.
"Moitos deles queren saber se aínda quedan familiares en Galicia, e en moitos casos, necesitan esa información para poder realizar diversos trámites nos seus países e comunidades autónomas de residencia. Nós, desde a Secretaría Xeral, tramitamos todas as solicitudes que nos chegan a través directamente das nosas oficinas ou a través das nosas redes en liña", apunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.