O PP acusa ao BNG de adxudicar 100.000 euros a "asociacións afíns" en Pontevedra

Denuncia contratos á "Fundación Bautista Álvarez, a a Galiza Nova, Galiza Sempre, Sermos Galiza e aos grupos musicais do irmán do alcalde Lores".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2021 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

Os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Pontevedra, Rafa Domínguez e Gerardo Pérez Puga, acusaron de que hai "novos contratos adxudicados a dedo, por valor de 100.000 euros con diñeiro de todos os pontevedreses, a xente e asociacións afíns ao Bloque Nacionalista Galego".

En rolda de prensa, os edís denunciaron que eses "novos casos de clientelismo e amiguismo" correspóndense con contratos con: a Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas; con Ana Seoane, número 21 do BNG nas últimas eleccións locais; con Manuel Domínguez Rei, responsable comarcal do Bloque no Salnés; e con Roberto Rivas, o tenente alcalde de Barro, "por suposto do BNG".

Hai dúas semanas, Rafa Domínguez sinalaba diferentes contratos a Galiza Nova, Galiza Sempre, Sermos Galiza "e aos grupos musicais do irmán do alcalde Lores, do grupo do compañeiro da portavoz do Bloque e do grupo do concelleiro de urbanismo".

Para o Partido Popular existe un "modus operandi por parte do BNG" que consiste en "dar diñeiro a asociacións afíns, en modo de publicidade", ou en contratación "a xente afín ao partido, sempre con contratos menores, a través de cantidades inferiores á marxe que obrigue a sacalas a concurso público", .

O portavoz do PP cualifica de "obsceno" este uso do diñeiro público e acusou directamente ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e ao BNG deste "caso claro de nepotismo e de clientelismo inasumible nunha democracia moderna". Segundo asegurou, "van máis de 100.000 euros que Lores deu de maneira directa a xente afín ao BNG". Avisa de que o PP está a estudar: "Novos contratos, moito máis complexos, nos que detectamos, non só situacións anómalas, senón que posiblemente irregularidades".

O PP avanza que se trata de casos de "contratación de persoal, obras de gran tamaño, empresas con relacións de privilexio co Concello".

Rolda de prensa do PP local de Pontevedra.. PP DE PONTEVEDRA
Rolda de prensa do PP local de Pontevedra.. PP DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Ventura Cores

O BNG non é tan corrupto como o PP. Para nada: a diferenza é enorme (non chega nin ao 10% do PP ou do PsoE). Agora ben, o BNG non ten nin o 5% do poder do PP ou do PsoE, logo se os deixas... O do Lores no Concello de Pontevedra, o clientelismo nas deputacións, as asociacións de mantidos da UPG, os contables de Carrumeiro e de Aquagest, os plans de Massó, aqueles créditos de Caixanova... O dano que está xeración de vividores da política lle están facendo ao nacionalismo organizado e ao pobo traballador galego é enorme.

1 Gaiker

Caciquismo clientelar galaico: o mestre (PPdeG) e o aprendiz (BNG).