As obras para reconstruír as termas ourensás da Chavasqueira poderían autorizarse en xuño

O Concello de Ourense completou a documentación que pide a Confeceración Hidrográfica Miño-Sil.

Por E.P. | OURENSE | 09/02/2021 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, mantiveron este martes unha reunión por videoconferencia para avanzar en diferentes proxectos que ambas as entidades teñen en marcha na cidade.

Entre eles está a tramitación da autorización preceptiva do organismo de conca para executar as obras de reconstrución das instalacións termais da Chavasqueira, despois de que o concello completase a documentación que lle require a Confederación para tramitar a autorización.

O presidente da CHMS trasladoulle ao alcalde que desde o organismo de conca tramitarán a solicitude do concello, que será sometida a información pública e podería estar lista no mes de xuño.

Ao final da reunión, o alcalde valorou a importancia de "desbloquear" a reconstrución das termas da Chavasqueira, "que están nun estado deplorable" tras sufrir un importante incendio en abril de 2019.

A investigación apunta a que foi un incendio intencionado o que calcinou as instalacións da Chavasqueira en Ourense. POLICÍA NACIONAL - Arquivo
A investigación apunta a que foi un incendio intencionado o que calcinou as instalacións da Chavasqueira en Ourense. POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta