A covid volve deixar en Galicia 23 novos falecidos

Houbo vítimas en todas as áreas sanitarias, principalmente, na provincia da Coruña.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/02/2021 | Actualizada ás 20:57

Comparte esta noticia

O número de falecidos pola covid non baixa. Este mesmo mércores o Sergas volveu comunicar 23 falecementos, dous deles usuarios dunha residencia e outros dous mortos nos seus domicilios. Con isto son xa 2.039 as vítimas provocadas pola pandemia en Galicia.

Un traballador sanitario totalmente protexido acode nunha ambulancia á residencia de maiores de San Cibrao. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un traballador sanitario totalmente protexido acode nunha ambulancia á residencia de maiores de San Cibrao. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Así, segundo o balance do sergas 6 dos falecidos son da área sanitaria da Coruña, cinco da área sanitaria de Pontevedra, catro corresponden á area de Ferrol, dous á área de Santiago e Vigo, respectivamente, e un á area sanitaria de Lugo e Ourense, respectivamente.

Este é o balance remitido polo Sergas:

Día 2 de febreiro:
Home de 80 anos. Falece no seu domicilio de Ourense.  


Día 8 de febreiro:
Home de 85 anos. Falece no seu domicilio da Área sanitaria de Ferrol.(Narón)


Día 9 de febreiro:
Muller de 87 anos, no CHUF.
Home de 91 anos, no CHUF.
Home de 91 anos, noo CHUS.  
Home de 65 anos, no CHUAC.  
Home de 85 anos, no CHOP.
Home de 55 anos, no Hospital do Salnés.  
Muller de 78 anos, no CHUAC.
Home de 59 anos, no CHOP.
Home de 86 anos, no CHUO.  
Home de 95 anos, no CHUAC.  
Home de 78 anos, no Hospital do Salnés.
Muller de 91 anos. Falece no seu domicilio da área sanitaria de Santiago.(Teo)


Día 10 de febreiro:
Home de 90 anos, no CHUVI.  
Muller de 81 anos, no Hospital privado HM MODELO-BELEN da Coruña.
Home de 82 anos, no Hospital da Mariña de Burela.  
Muller de 93 anos, no CHUF (procedente da residencia Mi casa de Ferrol).
Home de 53 anos, no CHOP.  
Home de 84 anos, no CHUAC.
Home de 87 anos, no CHUAC (procedente da residencia DOMUSVI de Carballo).
Home de 92 anos, no CHUVI.
Muller de 87 anos, no CHUF.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta