Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2021 | Actualizada ás 10:00
Os estudosos que defenden as teses celtistas consideran que Galicia e a Bretaña francesa --entre outros territorios-- gardan un vencello antergo nos seus costumes e formas de vida. Unha cousa é segura: co porco bravo teñen os mesmos problemas. Os ataques de xabarín que diariamente sofre o agro galego semellan ter o seu paralelismo nesta península do occidente francés, que nas últimas semanas espertan cada día coas leiras desfeitas e a terra revolta.
"En 34 anos nunca cousa igual", explica unha veciña do distrito de Kergestin ao xornal dixital Le Télégramme. Os veciños desta área, que "súan frío" pola constante presenza de porcos bravos, decidiron tomar a inicitiva e lanzar unha batida para reducir a poboación destes animais. "Podes escoitalos ás veces pola noite", apuntan os veciños, cansos xa desta especie que tan mala fama ten nas poboacións do rural galego, a centos e centos de quilómetros de distancia de Kergestin.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.