O impacto das medidas do Goberno central en Galicia supera os 10.000 millóns segundo Javier Losada

O delegado do Goberno en Galicia expuxo que a aprobación dos Orzamentos Xerais permitirá este ano "abordar con garantías os compromisos aínda pendentes".

Por E.P. | A CORUÑA | 18/02/2021 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, cifrou en máis de 10.000 millóns de euros o impacto das medidas económicas e sociais do Executivo na comunidade autónoma galega o ano pasado. Das mesmas, asegurou que beneficiaron a máis de 1,1 millóns de galegos e galegas.

En rolda de prensa, durante a exposición do primeiro informe de rendición de contas do Goberno na Comunidade, destacou que o mesmo supón "unha radiografía para medir o grao de cumprimento do Goberno de España con Galicia".

Del, dixo que que "é alto" pese ao contexto da pandemia. "Fronte ao sálvese quen poida de gobernos anteriores, o Goberno de Pedro Sánchez dixo desde o primeiro momento que sairemos todos xuntos". "Por iso, non é o mesmo quen goberne. Non son os mesmos valores os dun goberno que opta polo sálvese quen poida que os dun goberno que levanta un escudo social para non deixar a ninguén atrás", recalcou.

Por outra banda, expuxo que a aprobación dos Orzamentos Xerais permitirá este ano "abordar con garantías os compromisos aínda pendentes". "Desde o Goberno de España asumimos un total de 1.238 compromisos, dos que xa cumprimos o 23,4% e puxemos en marcha o 90% deles", citou, entre outros datos.

"En global, son unhas medidas que tiveron impacto directo en máis de 1,1 millóns galegas e galegos con máis de 10.000 millóns de euros", afirmou. Por outra banda, recalcou que o Executivo porá a disposición da autonomía "todas as ferramentas ao seu alcance para frear a pandemia, para non deixar a ninguén atrás nesta crise sanitaria e para preparar o terreo para a recuperación económica e social".

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, ofrece unha rolda de prensa sobre as actuacións do Estado. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, ofrece unha rolda de prensa sobre as actuacións do Estado. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

PEAXES AP-9

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, apelou a facer un "decreto moi ben atado" para a rebaixa das peaxes da AP-9, ao ser preguntado cando se procedería a aplicar esta medida.

Respecto diso, dixo que a intención é elaborar a través do Ministerio de Transportes un decreto que o "asegure". "Hai que facelo con moita seriedade", dixo aludindo á sentenza do Tribunal Supremo pola contía que obrigou a pagar o Estado pola gratuidade das peaxes de Rande e A Barcala, durante o goberno do PP.

Sobre a rebaixa dos mesmos, insistiu en que se trata dunha "medida histórica" xa que, segundo recalcou, garantiranse recursos económicos para este fin "e de forma continuada". Noutra orde de cousas, e preguntado polas incidencias rexistradas nalgunhas liñas férreas, dixo que se trata dunha cuestión que "vén de atrás", en referencia á xestión do PP, mentres comprometeu investimentos por parte de Adif.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Dez mil millóns do carallo ! A peaxe subiu, os trens Coruña Vigo baixaron ! As vacunas non chegan a nada ! E seguimos baixo estado de alarma para non poder abrir a boca ! Os contos do poder case nunca teñen un final feliz ! A débeba pública vai camiño do 125% (como dixemos hai tres meses!) Os proxectos de recuperación seguen agochados en Moncloa ! Estamos cansos de falar coas paredes !!! https://i.gal/gam25