A CNT ve "histórica" a xornada de folga no Consorcio de Benestar

Volve pedir á Xunta que negocie.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

O sindicato CNT cualificou de "histórica" a xornada de folga celebrada o xoves no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para reclamar a estabilización dos postos de traballo e volveu a emprazar ao Goberno galego a negociar unha saída ao conflito actual.

Nun comunicado remitido aos medios, a central sindical sinala que se constatou a adhesión á folga en "a maioría dos centros de traballo" da rede en toda Galicia, cun "importante impacto na prestación do servizo habitual" a pesar das "trabas" da Xunta polos servizos mínimos decretados. Pola súa banda, a Administración autonómica cifrou o seguimento no 43,9%.

O sindicato animou ás traballadoras a continuar "activas" para conseguir a "presión necesaria" e obrigar á Xerencia do Consorcio e á Xunta a negociar unha saída ao conflito laboral.

Ademais, puxo en valor a participación na concentración ante os edificios administrativos da Xunta en San Lázaro á que asistiron traballadoras de "todos os puntos de Galicia" para "mostrar o seu rexeitamento ás políticas laborais do Consorcio" ao que acusan de manter "á maioría do persoal en fraude de lei, cun abuso da temporalidade desde hai anos". Por último, subliñou a importancia de secundar a próxima xornada de folga, que terá lugar o xoves 25 cun paro de 8,00 a 11,00 horas.

Traballadoras do Consorcio de Benestar en folga apelan á Xunta a negociar a estabilización dos seus postos
Traballadoras do Consorcio de Benestar en folga apelan á Xunta a negociar a estabilización dos seus postos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta