Galicia repoboou os seus bancos marisqueiros con máis de 191 millóns de unidades de ameixa desde 2010

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2021 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

O Goberno galego informou de que Galicia repoboou os seus bancos marisqueiros con máis de 191 millóns de unidades de semente de ameixa desde 2010.

Segundo indica a Consellería do Mar, trátase do resultado de sementeiras realizadas polo sector marisqueiro ao amparo das axudas para mellorar a produción das súas zonas de traballo e para protexer os ecosistemas coas que tamén se subvencionan outras actuacións como a achega de áridos para promover a reprodución de organismos mariños.

A Xunta destina un millón de euros á convocatoria de 2021 de achegas a proxectos colectivos para a conservación e restauración de biodiversidade e 300.000 ás accións para mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción.

Mariscadores e mariscadoras apañando ameixa e berberecho na Ría de Muros e Noia
Mariscadores e mariscadoras apañando ameixa e berberecho na Ría de Muros e Noia | Fonte: Liliana Solís

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta