Por E.P. | A CORUÑA | 15/03/2021 | Actualizada ás 17:40
A Xunta converterá o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) na nova Filmoteca de Galicia, coincidindo co seu trixésimo aniversario, para reforzar o seu traballo de arquivo, de recuperación e dixitalización de fondos fílmicos.
Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na súa visita ao centro no día en que se cumpren 30 anos desde a súa apertura o 15 de marzo de 1991. O titular de Cultura do Goberno galego subliñou o papel do centro como "custodio" do patrimonio audiovisual galego", ademais de referirse a o seu papel para a promoción do mesmo.
Por outra banda, explicou que o CGAI iniciará agora unha nova etapa para pasar a denominarse oficialmente Filmoteca de Galicia e reforzar a súa faceta archivística e en liña con estruturas similares ás do resto do Estado e doutros países.
Tamén aludiu á función de recuperación levada a cabo coa conservación de pezas, entre as que citou a dixitalización do Arquivo Navantia, un dos últimos traballos de recuperación documental realizados polo CGAI e que se entregou este luns coincidindo coas efemérides do centro.
Noutra orde de cousas, o conselleiro avanzou que, tras a próxima aprobación do estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), abrirase o mecanismo para a dotación do posto de dirección da que será a Filmoteca de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.