Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2021 | Actualizada ás 11:26
Cae a polémica sobre Pescanova. Meses despois de que o expresidente da entidade galega fora condenado por manipular as contas da compañía, a corporación con sede en Redondela enfronta un boicot que, paradoxicamente, pouco ten que ver coas practicas contables denunciadas. Pescanova, pola contra, está a recibir críticas --e tamén mensaxes de apoio-- por impulsar un concurso de relatos en galego.
Si vives en Galicia y tienes entre 8 y 12 años, participa en ¡"Grumetes polo futuro do mar"! Un concurso de relato infantil en gallego sobre la importancia de cuidar los mares, océanos y recursos marinos 👉 https://t.co/UuPpO8iLwm 🐟 @pescanova_es pic.twitter.com/GeqcDD3LDE
— Nueva Pescanova (@PescanovaCorp) March 10, 2021
As primeiras reaccións ao anuncio foron maioritariamente positivas, celebrando a implicación da compañía pontevedresa coa lingua galega; aínda cando o chío de anuncio fora redactado en castelán. A vaga de rexeitamento que dende hai días golpea o buque do Capitán Pescanova chegou trala mensaxe negativa da polémica plataforma Hablamos Español, comandada por Gloria Lago, que acusou á compañía de excluír á rapazada castelanfalante.
Pescanova lanza su primer concurso infantil de relatos en gallego, los niños gallegos hispanoblantes no cuentan. #HablamosEspañol https://t.co/B7HECfxcGx
— Hablamos español (@HablamosE) March 13, 2021
As críticas de Hablamos Español logo foron secundadas por unha longa riada de mensaxes negativas que abrangueron dende acusacións de "discriminación" a insultos persoais contra os xerentes da compañía. O ton que máis dominou as diatribas, porén, foi o da ameaza de boicot.
Ya procuraremos no consumir @pescanova_es. Siempre hay hdps excluyendo a parte de la población, haciendo diferencias por raza, idioma o cualquier otra "razón". El caso es separar y diferenciar. ¿Está por aquí la ninistra de igual da @IreneMontero?
— Ignacio López 🇪🇸🖤🇪🇸🖤 🇪🇸 (@IgnacioLG3008) March 13, 2021
Las empresas gallegas apoyando el nacionalismo..., que digan así y les haremos boicot a sus productos #HablamosEspañol #LibertadElecciónLengua
— María 🖤🇪🇸🇪🇸 (@maria_m1965) March 13, 2021
@pescanova_es bonita discriminación a los niños que no hablan esa lengua impuesta
— Kary 💫 (@KaryCaicedo) March 14, 2021
A compañía, en troques, recibiu o apoio do outro lado da comunidade tuiteira.
Animarvos a usar máis o galego! :)
— OrgulloGalego (@OrgulloGalegoGz) March 13, 2021
PD: Parabéns pola iniciativa
Parabens e todo o apoio por esta iniciativa.
— Paik 86 (@paikvalexo86) March 14, 2021
A os que ameazan cun boicot ós productos de pescanova, mellor nin veñades a Galiza que incultos coma vos non nos fan falta.
Parabéns pola iniciativa!
— Χουανθίτο dos do Rei 🇧🇪 (@dosdorei) March 13, 2021
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.