Navantia e os seus socios tecnolóxicos avanzan no desenvolvemento do estaleiro 4.0

O proxecto 'F4ST' busca "identificar, deseñar, desenvolver e validar" tecnoloxías 4.0 en prototipos co uso de tecnoloxías disruptivas como a robótica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2021 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Navantia e os seus socios tecnolóxicos --Aimen, Eletrorayma, Intaf, OMT e Tecoi-- presentaron unha serie de solucións tecnolóxicas centradas na "optimización" dos procesos de fabricación de compenentes de construción naval e de eólica mariña que supoñen avances cara á configuración do chamado 'estaleiro 4.0'.

Trátase do proxecto 'F4ST', que busca "identificar, deseñar, desenvolver e validar" tecnoloxías 4.0 en prototipos co uso de tecnoloxías disruptivas como a robótica, a vision artificial, a dixitalización de procesos dentro da arquitectura dixital ou o desenvolvemento de xemelgos dixitais de planta e proceso, entre outros mecanismos.

Este sistema, segundo explican os seus promotores nun comunicado, traballará no desenvolvemento de prototipos para as "dúas grandes liñas" de fabricación do estaleiro, que representan o 60% da actividade nas instalacións da ría de Ferrol

Por unha banda, está a fabricación de 'sub-bloques' e, por outro, a construción de subestructuras para a industria offshore da eólica mariña. Coa apliación desta tecnoloxía, os estaleiros pretenden optimizar a produción e mellorar a xestión para así lograr "un importante incremento da eficiencia, a produtividade, a sustentabilidade e a calidade dos produtos".

Entre outras cuestións, destacan a redución dos "tempos mortos" na fabricación e as operacións de retraballado "por un maior control nos procesos de fabricación", o que permitirá que os estaleiros de Navantia na ría ferrolá logren "un maior grao de diferenciación" e se consoliden como "referente" na construción de buques militares e estruturas 'offshore'.

Estruturas flotantes nas instalacións de Navantia Fene.. NAVANTIA
Estruturas flotantes nas instalacións de Navantia Fene.. NAVANTIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta