Piden crear un deparmento de xénero nos medios galegos para evitar "a difusión de contidos machistas"

A asociación Xornalistas Galegas recorda o papel dos medios públicos na igualdade entre homes e mulleres tralo episodio de polémica de Land Rober.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2021 | Actualizada ás 21:28

Comparte esta noticia

Séguense deixando sentir os ecos da polémica do programa Land Rober. Unha semana despois de que o presentador estrela da CRTVG fora acusado de “machista” por confrontar a unha rapaza cun ex-mozo controlador, a asociación Xornalistas Galegas vén de urxir á creación dun departamento de xénero nos medios de comunicación de Galicia. A asociación incide na “necesidade inmediata” dunha figura “transversal” que tería por obxectivo “evitar a publicación de contidos machistas, sexistas ou que banalicen a violencia de xénero”.

Cámara de video
Cámara de video

A iniciativa de Xornalistas Galegas, explican, chega ante a preocupación da plataforma pola “frecuente propagación de contidos e pezas informativas sen perspectiva feminista nos medios galegos”, unha circunstancia que ven de “maior gravidade” no caso da corporación pública públicos, xa que esta, subliñan, “debería servir de exemplo e ser pioneiros na integración dunha figura que vele pola perspectiva de xénero de xeito continuado e rigoroso”

No último ano, Xornalistas Galegas denunciou a través da súa canle de Twitter “decenas” de publicacións en medios galegos e estatais que dende a plataforma foron vistos como “carentes de perspectiva de xénero”, máxime tendo en conta a “obriga legal por parte das persoas profesionais e responsables dos medios de promover a igualdade entre homes e mulleres”. 

Neste contexto, o colectivo apunta que vén de impulsar ante o Parlamento de Galicia unha iniciativa para garantir o cumprimento mediático das leis de  igualdade e violencia de xénero, e solicitou á Secretaría Xeral de Igualdade o reforzo de mecanismos que garantan o compromiso dos medios coa perspectiva feminista. A inclusión de voces expertas, tanto nas tertulias como á hora de buscar fontes informativas, é outra das medidas nas que incide a plataforma para “garantir a igualdade e a perspectiva de xénero nos medios de comunicación”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta