Pontevedra destinará 2.000 euros por unidade familiar para mercar ordenadores

O socialista Tino Fernández pon en marcha a distribución de 15.000 flyers sobre esta nova liña de axudas para mercar ordenadores en tódolos centros educativos.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 17/04/2021 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O tenente de alcalde e concelleiro de Educación de Pontevedra, Tino Fernández, acaba de poñer en marcha unha campaña de distribución de folletos explicativos sobre a liña de axudas do Plan Supera 21 para adquirir ordenadores en tódolos centros educativos públicos de Pontevedra. A finalidade da iniciativa é que os rapaces poidan facer chegar ás súas familias "dun xeito sintético e claro" toda a información que precisan para a súa tramitación".

Unha estudante cun ordenador portátil
Unha estudante cun ordenador portátil | Fonte: Santi Alvite

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicará as bases que rexerán o procedemento de concesión destas subvencións. Ademais, ao longo das vindeiras semanas repartiranse “unha remesa inicial de 15.000 flyers, o que permitirá entregar un folleto informativo a cada alumna e alumno de Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e Educación Especial que curse estudos en centros sostidos con fondos públicos”.

Acabar coa fenda tecnolóxica é hoxe máis esencial que nunca para garantir que tódolos nenos teñan as mesmas oportunidades. O noso obxectivo -subliñou o concelleiro de Educación este venres- é que non haxa ningún rapaz sen computador na aula”.

2.000 EUROS POR UNIDADE FAMILIAR

O Goberno Local, a través do Plan Supera 21, destinou unha achega económica de 400.000 euros a estas axudas, o que se traducirá nun máximo de 400 euros por cada persoa menor de idade e de 2.000 euros por unidade familiar. as axudas se poden presentar presencialmente no Concello ou ben a través da súa sede electrónica (http://sede.pontevedra.gal/) e que só será posible presentar unha solicitude por unidade de convivencia, aínda que esta pode incluír varios fillos ou fillas. “

Estas subvencións están destinadas a todo o alumnado empadroado no concello de Pontevedra matriculado no curso 2020-2021 en estudos de Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional Básica, Formación Profesional de Grao Medio ou Educación Especial nos centros públicos ou concertados. Para converterse en beneficiarias, a renda das familias cun fillo ou filla non deberá superar os 39.900 euros anuais; a das que teñen dous debe ser inferior aos 43.225 euros; a das de tres de menos de 47.215 euros e a das de catro ou máis fillos non superar os 49.875 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta