As Anpas critican o cambio no calendario escolar e que a Xunta non teña en conta as súas propostas

Consideran “inaceptable” a eliminación da convocatoria de setembro.

Por Galicia Confidencial | | 20/04/2021 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Os representantes de Anpas Galegas e Confapa-Galicia critican a modificación do calendario escolar e que non os teñan en conta para a toma de decisión. Comentaron isto nunha reunión que tiveron co Secretario Xeral de Educación e Formación profesional, José Luis Mira, para conversar sobre o novo calendario escolar que a Consellaría de Educación pretende implantar a partir do curso 2021-2022.

Escolas Infantís Unidas. ESCEULAS INFANTÍS UNIDAS - Arquivo
Escolas Infantís Unidas. ESCEULAS INFANTÍS UNIDAS - Arquivo

Nesta reunión os representantes de Anpas Galegas denuncian que a conversa que mantiveron non era para negociar, “máis ben semellaba informativa dunha decisión tomada”. Recalcan que non recibiron moita información sobre o cambio que se pretende introducir e que o calendario escolar é unha ferramenta organizativa fundamental que “ten que ser debatida cos colectivos axeitados”.

Tamén insisten na necesidade de ter en conta aos alumnos con dificultades nesa modificación do calendario. “Necesitan máis tempo e máis atención, máis medios, máis clases e máis coidado. Iso debe ser un obxectivo prioritario”, apuntan nun comunicado de prensa

REXEITAN A ELIMINACIÓN DAS PROBAS DE SETEMBRO

A entidade non está de acordo ca proposta da Xunta de eliminar a convocatoria de setembro xa que consideran que primeiro hai que mirar como ampliar o curso actual para que o alumnado reciba a atención que precisa. Comentan que a supresión destra convocatoria é oportuna cando os cambios na metodoloxía comecen a dar froitos.

Demandan a necesidade de que o cambio no calendario escolar se faga tendo en conta as opinións das familias, o alumnado e a sociedade e agardan unha xuntanza na que se expoñan argumentos serios e propostas concretas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta