Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2021 | Actualizada ás 13:44
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "era consciente" de que a reforma da lei de saúde era "unha reforma xurídica" e "inútil" para loitar contra a pandemia da covid-19. Así se pronunciou a líder dos nacionalistas galegos ao ser preguntada pola decisión do Tribunal Constitucional (TC) de suspender o artigo esta norma que recolle a vacinación obrigatoria.
"É ben coñecida a opinión do BNG sobre o TC e a súa utilización por parte do PP e PSOE, pero o propio Feijóo era consciente de que a lei de saúde era unha chapuza xurídica", manifestou para asegurar que "tan consciente era" que "non levou" a norma ao Consello da Xunta senón que a tramitou a través do grupo parlamentario popular "eludindo informes xurídicos".
Neste sentido, lembrou que a súa formación xa dixo no seu momento que se trataba dunha norma "inútil" para loitar contra a pandemia. "Porque no medio desta situación, o que se necesita é reforzar a sanidade pública, non recortar dereitos e liberdades nin tampouco fritir a multas aos galegos, que é o que representa esa lexislación", sostivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.