A Pobra e O Grove saen das máximas restricións nas que seguen Vilanova, Cualedro e Carballeda

Pasan ao nivel alto de restricións nos que entran tamén Verea, A Merca, Salceda e Coristanco. Tamén se incorporan ás restricións medias Verín, Xinzo, O Porriño, Nigrán, Tui, Mesía, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2021 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia decidiu na súa reunión deste martes que os concellos da Pobra (A Coruña) e O Grove (Pontevedra) saian do nivel alto de restricións contra a covid-19, onde quedarán Vilanova de Arousa (Pontevedra), así como Cualedro e Carballeda (Ourense). A medida chega logo das queixas dos rexedores destes dous concellos que pedían saír desta situación.

Peche de terrazas
Peche de terrazas | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Segundo sinala a Xunta nun comunicado, este grupo de expertos tamén determinou que pasen a nivel alto os municipios do Grove, A Pobra, Verea, A Merca, Salceda e Coristanco; nivel no que seguirán Petín, Muíños, Meira, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Ribeira e Cambre.

Lobeira e O Barco descenden deste nivel ao seguinte, o medio, ao que se incorporan Verín, Xinzo, O Porriño, Nigrán, Tui, Mesía, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares e no que continuarán Trabada, Barreiros, Cartelle, Lobios, Rianxo, Carral, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Verín, Chantada, Carnota, Poio e a cidade de Vigo.

Pola contra reducen as súas restricións os concellos de Boiro, Catoira e A Illa.As medidas acordadas na reunión desta tarde entrarán en vigor ás 00:00 horas do próximo venres, 30 de abril.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta