Por Europa Press / Redacción | Ourense | 28/04/2021 | Actualizada ás 20:32
Marilar Aleixandre, gañadora da 39 edición do Premio Eduardo Blanco Amor de novela, define 'As malas mulleres' como "unha parte de rescate da memoria colectiva", xa que recupera as historias dos cárceres, como a de galera da Coruña, "que se dirixen ao pozo da desmoria".
Este mércores tivo lugar no Pazo Provincial de Ourense a presentación da novela, que retrata o tramo final do século XIX a través da historia de Concepción Arenal e Juana de Vega centrándose especialmente no traballo que realizan como visitadoras de cárceres.
Aleixandre, que escribiu a obra durante o confinamento, trasladou que só conseguiu falar cunha persoa que soubese realmente contarlle a historia desa galera da cidade herculina.
Así mesmo, puxo en valor a literatura, non só durante a presentación da súa novela, senón nela, "porque os libros se converten na táboa de salvación para as presas ás que personaxes como Concepción Arenal e Juana de Vega visitan na prisión tentando cambiar as súas vidas ensinándolles a ler".
A escritora, membro da Real Academia Galega, quixo agradecer á Deputación de Ourense a continuidade deste certame, que leva a publicación da novela pola Editorial Galaxia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.