A ex deputada de Podemos Luca Chao, entre as gañadoras do IV Concurso Microrrelatos da RAG e PuntoGal

As outras finalistas son Paloma del Toro, de Ourense e María Cabaleiro, de Tui.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/04/2021 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

Unha historia de 128 palabras escrita por Paloma de Toro González (Ourense, 1985) é a gañadora do primeiro premio na categoría de adultos do IV Concurso de Microrrelatos da Real Academia Galega (RAG) e Punto Gal entre os case 800 textos de ata 200 palabras presentados. 

Segundo informan, o segundo premio recaeu nun conto de Luca Chao Pérez (Lugo, 1988) e o terceiro nun relato de María Cabaleiro Alfaya (Tui, 1993).

O xurado de adultos, composto polo presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o presidente e o director xeral de PuntoGal, Manuel González González e Darío Janeiro; a académica Chus Pato e a xornalista Alba Tomé, decidiu conceder o primeiro galardón á historia titulada 'Non te gastes".

A autora é a ourensá Paloma de Toro, profesora de inglés de profesión. Luca Chao Pérez, ex parlamentaria de Podemos,  investigadora en ciencias sociais e profesora en prácticas de Historia, fíxose co segundo premio con 'Aves de paso', un relato de 113 palabras e María Cabaleiro Alfaya, bióloga residente en Salceda de Caselas e investigadora predoutoral no campo de micoloxía, gañou o terceiro premio cunha historia de 198 palabras titulada 'Sara'.

Membros do IV Concurso de Microrrelatos da Real Academia Galega (RAG) e Punto Gal. RAG
Membros do IV Concurso de Microrrelatos da Real Academia Galega (RAG) e Punto Gal. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta