Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2021 | Actualizada ás 18:34
O grupo municipal da formación PorVir de Campo Lameiro denunciou o "estado ruinoso" no que se atopa o centro de interpretación de arte rupestre desta localidade do interior da provincia de Pontevedra.
Nun comunicado remitido aos medios este sábado, a formación política censura o estado no que se atopan as cabanas que compoñen o poboado que recrea a vida na Idade de Bronce e cuxa construción supuxo un desembolso de máis de 32.000 euros.
Lembran que o parque arqueolóxico recibe unha consignación anual de 177.000 euros de fondos públicos para o seu mantemento e censuran que o importe destinado durante o últimos catro anos ao coidado dos 2.500 xacementos de petróglifos fose de menos de 86.000 euros.
"O estado actual do poboado é resultado do abandono que está a sufrir o parque arqueolóxico de Campo Lameiro, sendo responsables tanto a empresa concesionaria encargada da súa exploración e mantenimieto como a Consellería de Cultura, a quen corresponde a supervisión, control, mantemento e conservación dun ben que é de todos os veciños de Galicia", incide PorVir.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.