(Vídeo) "A Movida viguesa foi máis que a música e Os resentidos... estabamos nós, os poetas dos 80"

1988. No IES da Guía celebrouse un emotivo recital. Alí estaba toda unha xeración nova de poetas e escritores, entre eles, unha moza Xela Arias. Era a xeración dos oitenta. E esta é a súa historia...

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/05/2021 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

No ano 1988 no IES da Guía celebrouse un Recital poético no que participou Xela Arias. Precisamente, e con motivo do Día das Letras Galegas, a Federación Olívica de Pais e Nais de Alumnos de Vigo e Comarca ( FOANCAS) acaba de publicar unha reportaxe audiovisual tomando como punto de partida este recital poético e o que supuxeron para a cultura do país esa xeración de escritores e poetas vigueses dos oitenta na que estaba Xela Arias.

Xela Arias nunha fotografía de Xulio Gil
Xela Arias nunha fotografía de Xulio Gil | Fonte: Real Academia Galega.

"É unha reflexión sobre que acontecía aqueles anos coa sociedade, cultura e lingua galega e comparar un pouco co que acontece hoxe", indican. O vídeo pretende ser unha homenaxe a aqueles "que tanto fixeron pola nosa lingua e cultura e unha reflexión sobre o que temos que facer hoxe para tomar o seu relevo". 

A produción está realizada por Acorda Cultura Cooperativa, de Joam Lombardero, os contactos de Enrique Parceiro e a colaboración desinteresada de Roi Durán, Silvia Penas, Pepe Cáccamo, Manuel Forcadela, Irene Pérez Pinto, Nélida Cosme Abollo, Marcos Claveiro e Carmen Otero, Mirian Rodríguez e Pablo Kaufmann.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta