O BNG mantería un escano no Congreso tralo terremoto político das madrileñas

O PSOE sufriría unha forte caída que o deixa a menos de 5 puntos do PP.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2021 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O Barómetro de Opinión de maio realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas, a primeira enquisa tras a vitoria do PP nas eleccións autonómicas de Madrid, reflicte unha severa caída do PSOE, que pasa do 31,5% ao 27,9% de estimación de voto, mentres que o PP sobe e recorta a desvantaxe á metade situándose a só 4,5 puntos. Pola súa banda, o BNG segue nun 0,5 por cento.

A enquisa baséase en 3.814 entrevistas telefónicas realizadas a cidadáns de 1.248 municipios de 50 provincias entre os días 4 e 13 de maio, inmediatamente despois das eleccións na Comunidade de Madrid, nas que os socialistas foron derrotados e mesmo superados por Máis Madrid.

En concreto, o PSOE marca en maio a súa cota máis baixa da lexislatura cunha estimación de voto do 27,9%, case catro puntos menos que o mes anterior e mesmo por baixo do 28% que logrou nas últimas xerais. Por contra, o PP sobe tres puntos e agora anótase un 23,4%, o seu mellor resultado desde a chegada de Pablo Casado á Presidencia do partido e e mesmo case tres puntos máis que nas xerais de novembro de 2019.

Ese axuste entre os dous grandes partidos recorta á metade a vantaxe da que viña gozando o PSOE, pois agora xa só saca 4,5 puntos ao PP, cando un mes antes estaba en 10,9 puntos e nas xerais quedou en 7,1 puntos.

Na enquisa de maio tamén baixa Vox, que pasa do 15,4% ao 13,7%, por baixo do 15% das últimas xerais, e Ciudadanos, que se anota un 5,3%, case un punto e medio por baixo do seu resultado do mes anterior e dos comicios de 2019, o que sitúa ao partido laranxa ao fío de perder o grupo parlamentario no Congreso. Unidas Podemos, na súa primeira cita co CIS tras a renuncia de Pablo Iglesias, mantense nun 10,4%, apenas tres décimas menos que en abril. Iso si, segue por baixo do 12,8% que logrou nas segundas xerais de 2019.

Gráfico con estimación de voto para as próximas eleccións segundo o Barómetro de maio de 2021 do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) tras as eleccións do 4M. Europa Press
Gráfico con estimación de voto para as próximas eleccións segundo o Barómetro de maio de 2021 do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) tras as eleccións do 4M. Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta