Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2021 | Actualizada ás 13:50
O presidente da Federación Galega do Comercio, José María Seijas, estima que o sector non recuperará a "normalidade" ata "mediados ou finais" de 2022, polo que descarta que poida alcanzarse ese horizonte este ano.
Con todo, en declaracións aos medios este martes, Seijas cre que "o cru" da crise asociada á pandemia "aínda está por vir", xa que "moita xente está en ERTE".
"Calculo que ata mediados ou finais de 2022, a normalización non vai chegar", vaticinou, aínda que recoñeceu que "a tónica xeral" das últimas semanas convida o optimismo. "Está a collerse un pouco de cor, que se moven as vendas", apostilou.
Neste sentido, apuntou ao proceso de vacinación como o factor que inflúe na recuperación das vendas, xa que a xente "perdeu o medo a saír" á rúa.
Así mesmo, o presidente da Federación Galega do Comercio tamén sinalou que os bonos ao consumo impulsados polas administracións supoñen outro aliciente para reactivar as vendas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.