Fronte Política e Social de Esquerda xa!

Os partidos están engrasando a súa maquinaria política para preparase para o vindeiro desafio electoral: as europeas. O PSOE atravesa o deserto no medio dunha gran crise de liderado e de perda de votos, intentando reconverterse en mais do mesmo.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 13/11/2013

Comparte esta noticia
Como ben sinala o concepto gatopardista de Giuseppe Tomasi di Lampedusa “Cambiar todo para que nada cambie”. Mentres o PP espera que algún día medren os gromos verdes, para subir as expectativas electorais perdidas, “As mareas” percorren toda a xeografía do Estado Español. Como nunca desde a transición estanse producindo tantas mobilizacións populares, cuantitativas e cualitativas que se enfrontan contra este modelo neoliberal. Como dicimos os marxistas “toda loita de clases é unha loita política”. E esta loita de clases maniféstase nun punto importante dos niveis de conciencia e organización dos sectores afectados pola crise capitalista. Isto esta levando a que “as mareas cidadás” comprendan que a única saída para derrotar a este modelo é o camiño político. Por iso estanse transformando os movementos reivindicativos economisistas en movementos rupturistas e trasformadores
 
Os movementos sociais con este salto da conciencia colectiva, onde se comprendeu a necesidade de articular os distintos movementos polo camiño da acción política, están xerando o novo suxeito político capaz de desafiar e vencer ao poder establecido, á partidocracia do sistema, que sustenta superestructuralemente o modelo do capitalismo monopolista.
 
Esta situación require da creación dun ente político social capaz de aglutinar a todas as forzas antisistemicas rupturistas do Estado español. Como sinala a pensadora Arxentina-galega Isabel Rauber: “A articulación do conxunto de actores sociais e políticos require a formación de instancias e estruturas orgánicas de coordinación e dirección, e para iso é necesario que existan elementos nucleadores e promotores desa articulación, que contribúen a cohesionar e estructurar un movemento popular Estatal”.
 
Neste camiño esta a proposta de “Suma, a xente o primeiro” que nuclea a decenas de organizacións políticas e sociais entre elas A ESQUERDA, como así tamén a iniciativa de ANOVA que lidera Xosé Manuel Beiras.
 
As eleccións europeas poden ser unha boa oportunidade para que os pobos de Europa poidan deter e empezar a derrotar ao capitalismo na súa vertente máis salvaxe. Debemos de pasar da etapa defensiva de resistencia ao modelo neoliberal imposto pola troika, a converternos na verdadeira alternativa a este modelo inmoral e inxusto. Para iso debemos de construír unha fronte ampla, republicana, de esquerda, anticapitalista, que rexeite a Europa do euro e do mercado. A Europa dos pobos estase  a manifestar nas folgas de Grecia e Portugal, nas mareas reivindicativas do Estado español, nas mobilizacións cidadás de toda Europa.
 
Como en 1936 debemos de enfrontar ao neofascismo do capital coa articulación política e social dos nosos pobos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.