Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/06/2021 | Actualizada ás 20:42
Logo da multitudinaria manifestación que viviu Galiza o pasado 5 de xuño como mostra do amplo rexeitamento social contra o actual modelo de implantación da enexía eólica, a sociedade galega, xunto con outros territorios da Cordilleira Cantábrica, volve mostrar "unha vontade decidida e inquebrantable de frear por todos os medios este modelo enerxético irracional, achegando o seu destacado apoio ao fondo para a defensa xurídica da Cordilleira
Cantábrica".
Así, a campaña de crowdfunding para crear o Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira
Cantábrica (FDXCC), que comezou o 22 de abril, Día da Terra, rematou este domingo 6
de xuño, coincidindo coa fin de semana do Día Mundial do Medio Ambiente. A iniciativa
superou o seu obxectivo inicialmente marcado (40.500€) chegando a acadar os 47.434€ , importe que destinarán a defender esta área xeográfica natural dos "abusos das grandes empresas enerxéticas".
Entre as entidades promotoras da campaña atópanse dúas galegas: a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), ademais da Plataforma por la Defensa de la Cordillera Cantábrica (PDCC), a Mesa Eólica de Las Merindades de Burgos, a Plataforma Bierzo Aire Limpio e a Plataforma para la defensa de los Valles Pasiegos.
As organizacións promotoras subliñan a "gran satisfacción" cos resultados acadados, xa que se "superaron todas as expectativas, contabilizando un total de 833 doazóns, das que unha parte moi significativa pendente aínda de concretar, teñen procedencia galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.