Tres mulleres e dous homes galegos na nova dirección de Podemos encabezada por Ione Belarra

Podemos Galicia destaca que a representación galega "atesoura experiencia e mocidade, cultura militante e municipalista, e coincide coa nova aposta de Podemos por liderados cada vez máis corais e femininos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2021 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Dous homes e tres mulleres de Galicia formarán parte da nova dirección de Podemos encabezada pola ministra de Dereito Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra, tras o proceso de Asemblea Cidadá celebrado esta fin de semana.

En concreto, trátase do secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino; a portavoz do Consello Cidadán Galego, Verónica Hermida; o portavoz de Podemos Coruña, José García Buitrón, a militante de Rebeldía Galicia, Tamara Deza; e a exdeputada e actual asesora do Ministerio de Igualdade, Ángela Rodríguez.

Nun comunicado remitido aos medios, Podemos Galicia destaca que a representación galega "atesoura experiencia e mocidade, cultura militante e municipalista, e coincide coa nova aposta de Podemos por liderados cada vez máis corais e femininos".

Sinala, ademais, o ambiente festivo e fraterno no que transcorreron as xornadas da asemblea presencial como elementos favorables para a apertura desta etapa nunha organización con sete anos de vida na que a intención principal é "ir ampliando base social e militante".

Ademais, Podemos Galicia ponse á "completa disposición" de Ione Belarra para "seguir construíndo un podemos forte, feminista, verde e cun marcado carácter plurianual co obxectivo de facer presidenta do Goberno do Estado a outra galega, Yolanda Díaz".

A nova líder de Podemos, Ione Belarra (i), abraza á secretaria de Dereitos LGTBI en Podemos, Ángela Rodríguez Pam (d), tras ser elixida, Belarra como secretaria xeral do partido co 89% dos votos coa súa candidatura `Crecer´, no IV Asamble. Ricardo García - Europa Press
A nova líder de Podemos, Ione Belarra (i), abraza á secretaria de Dereitos LGTBI en Podemos, Ángela Rodríguez Pam (d), tras ser elixida, Belarra como secretaria xeral do partido co 89% dos votos coa súa candidatura `Crecer´, no IV Asamble. Ricardo García - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Antoñito el fantástico

Que Podemos Galicia hablé de "que a intención principal é "ir ampliando base social e militante"." no puede considerarse más que un chiste. Gómez-Reino y la corte que le rinde pleitesía a su alrededor, han sido el mayor estímulo precisamente para conseguir todo lo contrario: alejar a las bases y a cualquier ciudadano interesado en un cambio real en Galicia.

1 Gamela

Ángela Rodríguez (alias Pam) seica é asesora do Ministerio de Igualdade... O seu mérito debe ser chamarlle "puta coja" a anterior dirixente de Podemos Galicia (Carmen Santos) ? Curiosa actitude para fomentar a IGUALDADE (?)