Alberto Quian gaña o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

O accésit do certame foi para unha peza sobre a praga da rata toupa do xornalista Manuel Cruz.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 22/06/2021 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

O xornalista e profesor Alberto Quian gañou o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas cunha reportaxe titulada “Ciclodextrina: la conexión entre “El Señor de los Anillos’ y la pandemia de covid-19” publicada no diario dixital El Salto.

O xornalista e profesor Alberto Quián
O xornalista e profesor Alberto Quián | Fonte: remitida

O xurado tivo en conta neste traballo xornalístico, publicado nun medio nativo dixital, a oportunidade de facer coincidir unha investigación galega sobre a covid cun libro e triloxía cinematográfica de éxito como “El Señor de los Anillos”, o que lle engade atractivo didáctico, no marco dun xornalismo slow. Alberto Quian, recibirá de premio unha dotación de 3.000 euros que irá acompañada dun diploma acreditativo. 

"É un honor pasar a formar parte da historia destes galardóns e un inmenso orgullo ver recoñecido este traballo pola RAGC, máis aínda nun ano tan dramático no humano para todas e todos, pero tamén apaixonante, intenso e extraordinario no científico", apuntou o tamén colaborador do GC.

Por outra parte, o xurado decidiu outorgar un accésit deste premio ao segundo traballo mellor valorado, a peza xornalística titulada “Investigación fronte a praga da rata toupa”, do xornalista Manuel Cruz Rodríguez, emitido o 10 de abril de 2021 no programa Labranza da CRTVG. O xurado valorou que é unha peza xornalística que pon o foco nun problema que afecta economicamente á realidade galega e achega como se está a abordar desde un punto de vista científico para darlle solución. Manuel Cruz recibirá de premio unha dotación de 1.000 euros, tamén acompañado dun diploma acreditativo.

O tamén director dos programas O Agro e Labranza de TVG destaca que este accésit concedido á reportaxe resulta especialmente satisfactorio porque “o mérito dese traballo non é noso, o mérito é do grupo de neuroanatomía da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo” da Universidade de Santiago de Compostela. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Parabéns, Alberto !

1 Gamela

Parabéns !