A Xunta reforza os plans de investigación das universidades da Coruña e Vigo con máis de 9,3 millóns

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2021 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a posta en marcha dun novo reforzo dos programas de investigación avanzada das universidades galegas, coa aprobación dunha inxección de 9,3 millóns de euros dirixida ás universidades da Coruña e de Vigo. Dous convenios aos que se sumará, posteriormente, o da Universidade de Santiago.

Tras o Consello da Xunta, Feijóo destacou unha achega de 4,8 millóns á Universidade de Vigo para impulsar as estruturas de xestión no tres campus de especialización da UVigo --Campus Auga, Campus Crea e Vigo Tecnolóxico--, así como o Clúster de investigación e transferencia agroalimentaria do Campus Auga, entre outras accións.

Por outra banda, o convenio coa Universidade da Coruña incorpora outros 4,4 millóns para reforzar o único campus de especialización acreditado a nivel nacional, o Campus Industrial de Ferrol; fortalecer o Centro de investigación en tecnoloxías de información e comunicacións; ou investir en infraestruturas como a canle de ensaios hidrodinámicos, a creación dun living lab para proxectos a escala piloto con empresas ou un laboratorio de experimentación de enerxías limpas ligadas ao mar.

PRÓRROGA DOS CONCERTOS CO SERGAS E GALEGO EN OXFORD

O Consello tamén autorizou a prórroga dos concertos subscritos entre o Servizo Galego de Saúde co tres universidades. A renovación desta colaboración permite o uso das institucións sanitarias co obxectivo docente, asistencial e de investigación.

A colaboración, iniciada en 2001, conta cun orzamento global que supera os 4,7 millóns para un período dun ano: o segundo semestre de 2021 e o primeiro de 2022.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez,  cos reitores de UVigo, USC e UDC
O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, cos reitores de UVigo, USC e UDC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta