Coalición BNG e HB

O lider do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, lanzou  hoxe no Parlamento a acusación de que o BNG ten concurrido nalgunha convocatoria electoral en "coalición con partidos terroristas como HB", algo que negou o portavoz nacionalista Carlos Aymerich e o presidente Touriño, que saleu en defensa dos nacionalistas.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/03/2007 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

Tamén Touriño defendeu aos seus socios de Goberno e amosouse duro para decirlle a Feijóo que non pode ir pola vida "mintindo, mintindo, mintindo e seguir mintindo".

O PP tentou xustificar a acusación do seu presidente referíndose ás eleccións europeas de 1986, nas que unha parte do BNG, o Partido Comunista de Liberación Nacional, apoiou a Herri Batasuna, aínda que non formou ningunha coalición con eles. De feito, O PCLN foi expulsado do Bloque por este apoio na Asamblea que celebrou en Carballiño ao ano seguinte. Para elo, baseose tan só en dous documentos conseguidos na rede; o dun blog persoal e do diario El Mundo.

 Así, reproduciu do Cartafol de Patriano o seguinte parágrafo:

O primeiro de maio de 1975 a UPG asina unha declaración conxunta con ETA e PSAN (p) na que fan públicas estas propostas de creación de gobernos provisiorios para as tres nacións: galega, vasca e catalana. Así como a constitución dunha alianza política dos movimentos de liberación nacional[1].

Durante o mes de agosto dese ano de 1975 terá lugar unha dura represión policial sobre a UPG e o conseguinte desmantelamento da súa fronte militar, que empezaba a actuar en Galicia xunto con membros de ETA. Perpetraran un atraco a Caixa de aforros da Coruña, o roubo nas oficinas policiais do documento nacional de identidade de Lugo e preparábanse para cometer atentados en Galicia. O desmantelamento relacionouse co traballo de Gorka, un famoso infiltrado policial en ETA. O 12 de agosto morrería en Ferrol a disparos da policía Xosé Ramón Reboiras, ao que lle seguiría un longo rosario de detencións por toda Galicia. Finalmente catro militantes da UPG (Xosé Mª.Brañas, Manoel Fernández, Marisa Vázquez e Xan López) xunto cos membros de ETA (Emilio Goitia e José Ignacio Villanueva) ingresaron no cárcere da Coruña coa petición fiscal de varios anos de cadea onde quedaran ata a aplicación en 1977 do decreto de amnistía para os presos políticos.

Ademáis, utiliza unha información publicada en 1997 pola actual xefa de prensa de Vivenda en El Mundo:

En 1987, en la llamada Asamblea Nacional de Carballiño (Ourense), el BNG rompe todos sus lazos con HB. Decisión criticada por una parte de UPG, que abandona el Bloque. Este cambio de orientación se traduce en unos mejores resultados y, en las autonómicas de 1989 el Bloque logra cinco diputados, que se convierten en 13 en los comicios de 1993.

Símbolo preconstitucional

Postos a buscar relacións, tamén Anxo Quintana utilizou varias fotografías no pleno para exemplificar as posturas que está a adoptar o PPdeG. Nunha delas se podía ver multitude de bandeiras españolas que portaban os manifestantes que o pasado sábado se concentraron en Madrid contra Zapatero. Na outra aparecía unha bandeira preconstitucional.

Esta comparación indignou os populares, cuio portavoz parlamentario pediu a palabra para pedir á presidenta da Cámara que obligara a Quintana a retirar eses calificativos. "Nunha hai bandeiras e noutra un aguilucho que é un símbolo preconstitucional", defendeuse o vicepresidente.

Xosé Manuel Barreiro seguiu insistindo e acusou a Quintana de "non estar a altura do seu cargo". "Non sei porque se alporiza. Ó mellor é porque son vostedes os que se sinten identificados con estes símbolos. Cando a min me falaron de golpismo (en alusión a súa chegada ó concello de Allariz) non me sentín identificado", respostou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

28 Alberte

Xesusiño, tómese unha tila, que está case tan nervioso como Feijoó.

A ver, non fai falta consultar un diccionario on line (duas palabras, preposición+sustantivo) para os vocablos que se empregan habitualmente nos foros, xa que son expresións sinxelas.

Vexo que o entorno do PP emprega sempre o mesmo argumento, o que non pensa como eles é un etarra. É un argumento que cae polo seu propio peso, dado que condenamos rotundamente os asesinatos que cometeu a banda terrorista, e desexamos a sua pronta desaparición.
Preocupanme máis, por exemplo, os 191 mortos causados pola negligencia e incompetencia do Sr. Acebes.

27 Britonia

26 Jesús

Alberte: acabas de demostrar tu inmensa ignorancia. Solo los palurdos no necesitan nunca consultar un diccionario.
¿Quieres que compitamos a muertos? Ya se que admiras a ETA, sin embargo no has sido capaz de emularla.

1 Eu-digo

Teñoo moi claro, a mortos ganas ti Jesusito.

25 Alberte

A vantaxe de aprender galego é que non temos que andar pedindo un "diccionario "online"" de castelán, porque dominamo-los dous idiomas.
Por outra parte, vese que a falta de argumentos da direita fai recurrir unha e outra vez ó mesmo: ETA. Por iso están tan furiosos, porque ven que acabaselles o chollo que lles daba votos.
Se falamos de asesinatos, habría que desempolvar os centos de miles de mortos da guerra civil, moitos máis que os oitocentos da ETA.

24 Jesús

Anxiño, gracias por ponernos al corriente sobre lo del Parlamento europeo
Den BNG yo solo sabia que ere un galimatías de partidos pequeños, insignificantes de extrema izquierda y que el que mayor peso tenía era la UPG el más extremista y el que impone sus criterios a todos los demás. Pero veo por lo que tu dices que aun son más.¡¡vaya lío!! Creo, si no estoy equivocado que el representante que tenéis en el parlamento de Madrid, al que oigo muchas veces en sus intervenciones, es de UPG. Por sus intervenciones se ve que es extremista y fanático a tope y, desde luego hace quedar mal a toda Galicia porque Galicia no es así. Bueno, al menos UPG es de extrema izquierda, no hay más que leer su propia Web en la que presumen de su antigua colaboración con ETA y del grupo de Moncho Reboiras. ¿O era un angelito Moncho Reboiras? Desde luego no pensaban como tu lo de que “ningunha idea vale tanto coma unha vida”
Cuando digo que “Es obvio y evidente que un Estado no puede plegarse a un chantaje aunque nos cueste bombas”. Quiero decir que conseguir la libertad siempre fue caro, incluso en vidas humanas, y mantener la libertad una vez conseguida tampoco es barato. No hay más que estudiar la historia de los países libres para constatar esto. Mientras haya alguien poniendo bombas que siegan vidas para someter nuestra libertad, no queda más remedio que defender nuestra libertad aun a riesgo de perder vidas. Te juro que no me gusta, pero la realidad es así. Cualquier otra cosa en apaciguamiento cobarde y, encima ineficaz. Cuando un primer ministro ingles firmo la paz con Hitler y Hitler le declaró la guerra a los tres meses, fue destituido y su sucesor pronuncio la famosa frase “Hemos perdido la dignidad y no hemos evitado la guerra” Esto nos está pasando con ETA.
Anxiño, ¿podrías recomendarme un diccionario “online” de gallego?