Por E.P. | OURENSE | 27/06/2021 | Actualizada ás 18:56
A catedrática de Arte da Universidade de Vigo (UVigo) María Vitoria Carvalho-Calero, quen ademais é filla do histórico escritor Ricardo Carvalho Calero, recibiu este domingo en Amoeiro o Premio Trasalba 2021, que outorga a Fundación Otero Pedrayo.
A entrega celebrouse no Pazo-Museo Otero Pedrayo nun acto ao que asistiron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, e o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo.
Deste xeito, María Vitoria Carvalho-Calero suma ao palmarés do Premio Trasalba, no xa que figuran nomes como Manuel Buciños, galardoado en 2020, Luz Pozo Garza, Agustín Fernández Paz, Antón Pulido e Xosé Neira Vilas, entre outros.
Segundo informa a Xunta, o secretario xeral de Cultura felicitou á premiada desta 38ª edición polo "bo traballo" realizado ao longo da súa traxectoria, especialmente na arte contemporánea e a arquitectura. Ademais, agradeceu o labor da Fundación Otero Pedrayo pola cultura galega e a promoción do histórico galeguista que lle dá nome.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.