Por Europa Press / Redacción | VIGO | 28/06/2021 | Actualizada ás 11:38
A actividade económica na comunidade avanza cara á súa normalización, pero non compensa a caída rexistrada no mes de abril do pasado ano a causa do confinamento aplicado debido á pandemia da covid-19, segundo o Indicador Abanca-Foro de Conyuntura Económica de Galicia.
En concreto, o pasado mes de abril rexistrouse un incremento interanual do 25,4% na actividade galega, un aumento relacionado coa comparación dos datos do peor mes da pandemia desde o punto de vista económico debido ao confinamento. De feito, a cifra sitúase por baixo da caída rexistrada en abril de 2020 (-34,5%).
Deste xeito, Galicia avanza cara á normalización na actividade económica, pero en abril de 2021 non alcanzou o nivel rexistrado nese mes de 2019.
A análise parcial realizado no marco do Indicador mostra un bo comportamento das exportacións e importacións, que rexistran crecementos interanuais superiores ao 100%.
Ademais, destacan o crecemento na industria e o Índice de produción industrial (IPI), que superan o 50% en termos interanuais. Así, obsérvanse crecementos moi positivos en todas as variables.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.