Foto de Rafael Louzán recibindo presuntamente unha copia do pasaporte dun emigrante galego
Remítennos esta foto dende Uruguay. Nela observase ó presidente da Deputación de Pontevedra. Asegúrannos que estaba recibindo dun emigrante galego no Hogar Español de ancianos de Montevideo unha copia do seu pasaporte. Rafael Louzán estivo hai uns días en Montevideo onde mantivo varios actos convocados polo PPdeG. PSOE e BNG denunciaron que os populares pediron ós emigrantes que quixeran acudir ó acto que entregaran fotocopia do seu pasaporte e unha solicitude firmada para que este partido tramite o envío da documentación e papeletas do voto das eleccións de maio.
Mira no interior do post un detalle ampliado da foto.
Atevez de la presente me dirijo a usted con el fin de obtener informacion sobre familiares de apellido LOUZAN,que emigraron de Pontevedra hacia Argentina en el año 1924 aprox.
Desde ya muchas gracias y espero puedan ayudarme.
Atte Romina
27Galicia Confidencial » Blog Archive » Ofensiva popular
[...] Os populares anuncian unha ofensiva para denunciar os chanchullos do PSOE na emigración tras a entrega, por parte do presidente da deputación de Pontevedra, dun cheque de 30.000 euros a unha asociación de méxico…. [...]
26Galicia Confidencial » Blog Archive » Documento.- Emigración constata as irregularidades do PP na emigración
[...] “A Secretaría Xeral de Emigración ten constancia da intervención do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, nun acto para cuxa asistencia era necesario aportar o pasaporte a autorizar ao PP para que xestionase o voto do asistente ao acto a través dos medios de comunicación que se fixeron eco dunha irregularidade que condenamos e consideramos que atenta á dignidade dos/das emigrantes galegos como posuídores de dereitos individuáis. [...]
25xosé
que se xogue así cos nosos emigrantes é triste sobre todo co mal que o deben estar pasando. E cando o fái xente con anos no poder que pouco máis fixeron que reirse deles da noxo...