Non entendemos os insultos que álgúns proferides contra GC que, como vedes, seguen e seguirán colgados. Como vedes, gracias ás subvencións da Xunta, esta páxina está chea de banners, fixemonos ricos e temos cinco chaléts na Costa Brava.
Sabedes que non soemos publicar cousas que non estén comprobadas. Neste caso, ademáis da foto, temos a testemuña de, polo menos, duas persoas que din ter asistido a este feito. E non foron un ou dous os emigrantes que acudiron coa fotocopia do seu pasaporte a petición dos organizadores, senon que foron moitos, a maior parte sen saber para que servía esa fotocopia.
A persoa que nos ten remitido a fotografía asegura que se trataba dunha copia do pasaporte e, debaixo dese papel, estaba o pasaporte para certificar a autenticidade desa copia. En todo caso, decidimos correxir a información orixinal tras algúns dos vosos comentarios. Aínda así, tamén vos anunciamos que en breve, publicaremos máis documentos sobre esta visita.
Tamén queremos suliñar que o feito de utilizar á emigración non é exclusivo do PP, senon de todos os partidos políticos. E temos denunciado neste medio varios casos de todos os grupos políticos. Podedelos comprobar aquí, mesmo, sobre as supostas funcións de Cortizo:
http://galiciaconfidencial.com/?p=7...
http://galiciaconfidencial.com/?p=7...
http://galiciaconfidencial.com/?p=4...
http://galiciaconfidencial.com/?p=1...
http://galiciaconfidencial.com/?p=1...
UN SAÚDO, GALICICONFIDENCIAL