Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/07/2021 | Actualizada ás 14:22
A subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas, condenou a queima da bandeira LGTBI do Comité ANTISIDA da cidade herculina (CASCO), aínda que cualificou o incidente como "un feito puntual".
"Creo que non é bo para a sociedade que traslademos unha mensaxe de inseguridade cando realmente os datos non nos din iso. Estamos nunha cidade segura e este tipo de situacións son absolutamente puntuais", dixo María Rivas.
Segundo relatan desde o comité a Europa Press, os feitos ocorreron a tarde do sábado sobre as 18,00 horas, cando dous homes supostamente tentaron queimar a bandeira LGTBI que colgaba do edificio. Unha veciña foi a que deu a voz de aviso do suceso.
CASCO xa denunciou os feitos por un delito de odio e vandalismo, e confía en que as cámaras da zona poidan identificar os culpables.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.