A OMS advirte dun aumento dos contaxios a nivel mundial: "estamos nun momento moi perigoso"

Critican que as vacinas se estean a distribuír de xeito desigual e chaman a levantar as patentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, advertiu sobre o aumento de contaxios de COVID-19, o que definiu como "un estadío moi complicado e perigoso" a nivel mundial que tamén se replica en Galicia tras case dúas semanas á alza nos casos.

Durante un evento do ACT Accelerator, o instrumento liderado pola OMS para acelerar a chegada de vacinas, tratamentos e outros bens básicos para loitar contra a COVID-19, Tedros lamentou que a pandemia se estea producindo "a dous ritmos" a nivel mundial. "Os que teñen acceso ás vacinas e os que non", criticou.

Por iso, reivindicou a importancia de incrementar as ferramentas e intervencións contra o virus para "salvar vidas". "Necesitamos máis vacinas e que cheguen máis rápido", reclamou o máximo dirixente do organismo sanitario internacional de Nacións Unidas.

A pesar de que aplaudiu, por exemplo, a creación dun centro de produción de vacinas en Sudáfrica que estará dispoñible o ano que vén, insistiu na necesidade de que os fabricantes compartan o seu "saber facer", é dicir, a patente das vacinas. "É un signo positivo pero os fabricantes teñen que compartir o seu saber facer", detallou.

Para Tedros, o fin da pandemia non chegará ata que todos os lugares do mundo estean a salvo. "A pesar de que temos un progreso no control da pandemia, estamos nun estadío moi complicado e perigoso. A nosa única saída é apoiar aos países na distribución equitativa de EPI, test, tratamentos e vacinas. Non é unha cousa complicada nin cara", remachou.

Arquivo - O director xeral da Organización Mundial da Saúde, Tedros Adhanom Ghebreyesus. OMS - Arquivo
Arquivo - O director xeral da Organización Mundial da Saúde, Tedros Adhanom Ghebreyesus. OMS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta