Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/07/2021 | Actualizada ás 13:41
Efectivos do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil (GEAS) localizou este mércores o corpo sen vida dun veciño de Castro Caldelas de 52 anos desaparecido desde este martes.
Así o confirmou o Instituto Armado, que concretou que o corpo foi localizado ás 13,00 horas deste mércores debaixo dunha ponte na zona onde o buscaban os equipos de rastrexo.
Este veciño de 52 anos de Castro Caldelas faltaba do seu domicilio desde as 20,00 horas deste martes e o seu vehículo fora localizado á beira encoro de Leboreiro, no municipio de Montederramo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.