O goberno coruñés quere comprar o 75% dos molles de Batería e Calvo Sotelo

A acaldesa trasladou que están á espera que de a comisión técnica do porto acepte a proposta, a cal ten a intención de "garantir a titularidade pública dos peiraos".

Por E.P. | A CORUÑA | 14/07/2021 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, trasladou que o goberno local espera que a comisión técnica do porto acepte a proposta para comprar os peiraos de Batería e Calvo Sotelo, a preguntas dos xornalistas durante un acto no concello. Segundo transcendeu, o Concello da Coruña vai propor ao Estado comprar o 75% dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo. O 25% restante será asumido por outras Administracións, como a Xunta, a Autoridade Portuaria ou o Ministerio de Fomento.

"A proposta será trasladada mañá á comisión técnica formada despois do cume do 23 de febreiro, de momento non nos consta ningunha opinión en concreto, máis aló das que serán debatidas na reunión de mañá", explicou Inés Rey. Segundo afirmou a alcaldesa da Coruña, esta proposta atende á intención do Goberno Local de "garantir a titularidade pública dos peiraos".

Os terreos están valorados en máis de 20 millóns de euros, pero a cantidade definitiva acordarase nunha tasación. Anteriormente o Concello da Coruña rexeitou unha proposta da Xunta que pretendía quedar co 51% dos peiraos.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: Concello da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta