A Deputación da Coruña disporá 70.000 euros para o finanzamento dun centro ocupacional en Culleredo

O presidente provincial subliñou a relevancia de contar na provincia cunhas instalacións "destas características".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, asinaron este venres o convenio de colaboración polo cal a institución provincial achegará 70.000 euros, o 48,53 por cento do custo total, para financiar o centro ocupacional da Escada.

Segundo informa a Deputación, o Concello pagará o montante restante --74.000 euros, o 51,47 por cento-- dun centro que é un do únicos cinco existentes na Comunidade galega con estas características: público, de carácter formativo e pre-laboral para persoas adultas con discapacidade intelecual media.

O presidente provincial subliñou a relevancia de contar na provincia cunhas instalacións "destas características", á "vangarda en integración e a formación para persoas con discapacidade intelectual media", no que ademais "se busca incrementar autoestima e habilidades" dos seus usuarios.

REUNIÓN CON COGAMI

Por outra banda, González Formoso reuniuse co presidente de Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga, para abordar o resultado do Servizo de Intermediación Laboral (SIL) na provincia.

Trátase dun servizo que conta con apoio económico da Deputación e que nun ano marcado pola pandemia como o 2020 facilitou a inserción laboral de 1.705 persoas con discapacidade, 714 delas na provincia da Coruña.

Neste contexto, González Formoso subliñou a importancia do traballo de Cogami, cun equipo "multidisciplinar de profesionais en orientación laboral e axentes de emprego que permite buscar os perfís profesionais que mellor se adaptan ás necesidades das empresas".

PREMIO PEL A SONIA VIZOSO

Así mesmo, a xornalista de 'El País' Sonia Vizoso recibiu este mesmo venres, de mans do presidente da Deputación, o premio PEL como a mellor comunicadora en materia de emprego, industria e economía.

González Formoso destacou o seu traballo como "imprescindible" para "dar a coñecer á sociedade, ademais do que marca a actualidade, unha análise máis ampla e profundo dos cambios de modelo que estamos a vivir no campo laboral e industrial".

González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta