Variante Delta, vacinación, restriccións... a quinta onda aumenta o estrés da cidadanía

Un estudo de Co&Co Training realizou un estudo que demostra que a a quinta onda está volvendo a aumentar a preocupación da sociedade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A pandemia provocada polo coronavirus é unha fonte máis de estrés. Agoora, que a situación estaba un pouco máis controlada, esa sensación tamén era máis baixa pero cas últimas incidencias acumuladas tan altas e a incerteza do que está pasando neste momento reactivou a sensación de estrés na cidadanía.

Imaxe recurso persoa con estrés - infosalus.com
Imaxe recurso persoa con estrés - infosalus.com

Os especialistas en tratamento do estrés de Co&Co Training realizaron un estudo que demostra o impacto do estrés por todo o que rodea á Covid na sociedade española. A socia directora da compañía, Marisol Nieto explica que o estrés tivo os seus picos como o propio virus. "O inicio afectou moito no estado de ánimo, nas preocupacións e en xeral incrementouse o nivel de estrés". Logo a medida que a situación se iba estabilizando tamén o facían os niveis de estrés pero agora "volven a subir os casos de persoas cun nivel de estrés por encima do habitual", indica Nieto.

As dúbidas ca efectividade de algunhas vacinas polos casos de reinfeccións, a propagación da variante Delta e a pouca certeza en canto ás novas restricións nas distintas Comunidades provocaron un temor ao descoñecido, xerando estrés. Nieto explica que notaron un incremento nas consultas de persoas que estaban preocupadas. Cando tratan os síntomas a través de biofeedback "explícannos casos de familiares reinifectados, hospitalizados e de vacacións suspendidas polos repuntes", comenta.

Os anuncios de terceiras vacinas de Pfizer ou as informacións sobre o nivel de anticorpos que deben ter as persoas para evita reinfeccións tamén son outras inquedanzas da sociedade. Ademais, agora que a xente xa comezaba a desfrutar dunha "nova normalidade", ve como volven a aparecer restriccións que dificultan o desfrute das vacacións, do ocio ou da actividade dos seus negocios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta