Braga premiará con 8.000€ unha ilustración que represente a cultura do Eixo Atlántico

O concello portugués de Braga promove o concurso de ilustración "Bienal de Ilustraçãon - Prémio Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2021"

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2021 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

O concello de Braga lanza un concurso dirixido a ilustradores nacionais e internacionais no que promocionen o patrimonio material e inmaterial do territorio do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. O premio enmárcase dentro do programa de Braga 2021 - Capital da Cultura do Eixo Atlántico, e distinguirá ao vencedor con 8.000€. 

Concurso Bienal de Ilustração
Concurso Bienal de Ilustração | Fonte: Eixo Atlántico

Os artistas poderán participar ata con tres traballos cunha inscrición a través dun formulario ata o 20 de setembro, e as obras recoñecidas presentaranse nunha exposición e nun catálogo cos traballos dos 15 finalistas. 

O concurso está promovido en colaboración coa Escola Superior de Design do Instituto Politécnico do Cávado e do Ave (IPCA) e coa participación da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.

Con dito premio preténdese descubrir e recoñecer o talento na área da ilustración e intensificar a consolidación desta arte en Braga, en coordinación coas estratexias culturais da cidade, especialmente na organización do "Braga en Risco", evento con creente recoñecemento entre os profesionais da ilustración. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta