As persoas vacinadas ou con PCR negativa poderán acceder á hostalaría en concellos onde estaba pechada

Tamén se lle permitirá o acceso ás persoas que pasaran a enfermidade. A medida afecta aos concellos en nivel alto e máximo; entre os que hai varias cidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

Galicia permitirá o acceso aos locais de restauración e hostalaría en zonas de nivel máximo --onde ata agora tiña que estar pechado-- e alto --onde non se podía acceder ao interior-- a persoas que presenten certificado de vacinación completa, que pasasen a enfermidade ou ben conten cun test negativo nas últimas 72 horas.

Así o anunciou este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa para informar as medidas adoptadas polo comité clínico na reunión deste martes ante a "preocupante" evolución da situación epidemiolóxica. O mandatario autonómico puntualizou que os menores de 12 anos estarán "exentos" de acreditar estes documentos que, matizou, buscan garantir a "máxima seguridade" e evitar o peche destes locais.

Con respecto aos aforamentos, Feijóo indicou que nos concellos de nivel máximo será dun 30% no interior dos establecementos e un 50% en terraza; mentres que no nivel alto se situará nun 50% dentro e un 50% no exterior para as persoas que reúnan os requisitos.

Unha terraza de Vigo, a 26 de xuño de 2021, en Pontevedra, Galicia.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Unha terraza de Vigo, a 26 de xuño de 2021, en Pontevedra, Galicia.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta