Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2021 | Actualizada ás 20:18
Todo o persoal que integra o dispositivo de vacinación contra a covid-19 recibiu este domingo 25 de xullo a Medalla de Ouro de Galicia porque "co seu traballo contribuíron decisivamente" a que os galegos empecen a "ver a luz ao final do túnel".
Así o manifestou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no acto de imposición do máis alto distintivo que outorga o Goberno gallego. O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago foi escenario desta cerimonia que tamén estivo presidida polo rei Felipe V e o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez.
A encargada de recoller o premio foi Yolanda Moares Castiñeiras, unha das dúas enfermeiras que o 27 de decembro de 2020 fixeron historia ao administrar a primeira vacina contra o coronavirus a Neves Cabo na residencia Porta do Camiño de Santiago.
Ela foi quen recolleu a placa de mans do monarca, aínda que tamén son colectivos premiados coa Medalla de Ouro de Galicia todos os enfermeiros, auxiliares de enfermaría, celadores, persoal administrativo, Protección Civil, o persoal dos recintos de vacinación masiva, os médicos, as policías Nacional, Autonómica e Local, a Garda Civil, a Dirección Xeral de Saúde Pública, os servizos de informática e loxística, e o 061-Urxencias Sanitarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.