O polifacético mercado de Santa Lucía da Coruña: centro de saúde, centro cívico e praza de abastos

"É un proxecto moi demandado polos veciños", di a rexedora da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/07/2021 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou este mércores tras a xunta de goberno local que aprobaron o convenio coa Xunta para converter o mercado de Santa Lucía en centro de saúde, centro cívico e praza de abastos.

Segundo o acordo de Concello e Xunta, será o Servizo Galego de Saúde o que asuma os custos da construción do centro de saúde, que contará cunha superficie de 1.750 metros cadrados. Aínda non hai cifras sobre o custo da obra, nin hai data para o inicio da mesma.

O Sergas abonará en tres mensualidades o custo total da obra, comezando co primeiro pago tras a redacción do proxecto. Ademais farase cargo dun 58% dos gastos do edificio, que son os que corresponden á superficie que será destinada ao centro de saúde. O Concello cederá á Xunta a parte correspondente ao centro de saúde por un período de 30 anos, prorrogables a outros 30.

"A aprobación deste proxecto supón darlle luz verde a un proxecto moi demandado polos veciños", dixo a alcaldesa Inés Rey, que ademais mostrou a súa satisfacción por que este acordo é "unha mostra máis do diálogo institucional polo que aposta este goberno".

ANTIGO CONCESIONARIA CITROËN

Rey tamén declarou a caducidade da licenza solicitada para o derrube do antigo edificio da Citroën. A alcaldesa dixo que era un edificio "catalogado" e considerou que é necesario "protexelo". Desta forma, o Concello asegura a permanencia do edificio na cidade.

No ámbito social a xunta de goberno aprobou dúas axudas á entidade Padre Rubinos. Unha de 200.000 euros para persoas con necesidades no municipio, e outra de 150.000 euros para o servizo "calor e café", que servirá para que ninguén quede durmindo na rúa. Rei dixo que se trata dun "reforzo para axudar ás persoas que peor o están pasando".

Mercado de Santa Lucía, na Coruña
Mercado de Santa Lucía, na Coruña | Fonte: grupocoruna.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta