Por E.P. | A CORUÑA | 15/08/2021 | Actualizada ás 12:08
Unha muller de idade avanzada residente na Pobra do Caramiñal resultou ferida leve despois de que o teito de madeira da súa vivenda caese sobre ela este sábado ás 22,00 horas.
Os feitos sucederon na rúa Mirandela, ata onde se desprazaron Urxencias Sanitatias de Galicia-061, Bombeiros de Ribeira e de Boiro, Protección Civil e Garda Civil.
A muller foi trasladada de inmediato a un centro hospitalario, aínda que fontes da Garda Civil explicaron Europa Press que só presentaba feridas de caracter leve.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.