Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2021 | Actualizada ás 20:47
Unha deflagración que se produciu sobre as 10 da mañá deste martes en Finsa provocou feridas con queimaduras de carácter leve a 16 traballadores, segundo informa a CIG.
A central nacionalista remite a fontes do comité que apuntan que "está aínda por determinar o que provocou a deflagración" e por emitir o parte da investigación, que continuará este mércores.
Lamentan o ocorrido porque "puido ser un desastre" e esperan que se aclaren as causas "para que isto non volva suceder". O comité subliña ademais que o accidente "é tanto máis rechamante tendo en conta que a fábrica está parada en agosto e só mantéñense algunhas seccións".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.